Consulte os requisitos e recomendacións técnicas desde aquí.
Se ao achegar un documento e asinalo, usando o cliente de Autofirm@ que temos instalado obtemos unha mensaxe coma esta:"Erro ao conectar co compoñente de Autofirma. Pode descargalo premendo a seguinte ligazón: Descargar autofirma."
Soluciónase importando o certificado de Autofirma root que está en C:\Program Files\AutoFirma\AutoFirma\AutoFirma_ROOT.cer en Firefox, en Autoridades de Firefox. Isto é algo que pode ocorrer coas últimas versións de Firefox.
Existe unha limitación de 15 MB no tamaño dos ficheiros que se poden subir a través do rexistro electrónico.
Evite os seguintes caracteres:
Recomendamos nomes curtos e simples (exemplo: documento 1, documento 2...)
Isto é porque non ten instalada a aplicación de Autofirma. Piche aquí para descargar a aplicación.Ao asinar un documento aparece a mensaxe "Perdeuse a conexión coa aplicación @firma"Se utiliza Internet Explorer 11 (IE11) debe desmarcar a opción "Habilitar modo protexido", en "Opcións de Internet -> Seguridade" e reiniciar o navegador para que os cambios se efectivicen.Para saber máis acerca de cómo utilizar este servizo pinche aquí.
Dentro de cada solicitude, á hora de subir un ficheiro, especifícanse os formatos admitidos.
Non obstante, recomendase subir o documento en formato PDF.
Firefox dispón dun almacén de certificados distinto ao de Internet Explorer e Chrome. É por iso que tanto o certificado que se queira utilizar como as súas claves públicas deberán estar instaladas no almacén de claves de Firefox.