Volver Imprimir

Política de protección de datos

ART. 6.1.E DO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS DE INTERESE PÚBLICO E ART. 8 DA LOPDGDD

Responsable do tratamento dos seus datos persoais

Responsable
Identidade: Concello de Oleiros (L01150584)
Enderezo postal: Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981 610 000

Delegado de protección de datos

Norquality Consultores, S.L.
CIF: B15850118
Enderezo: Polígono de Pocomaco. Tercera Avenida. Edificio Diana, 30. 15190 - A Coruña
e-mail: dpd@oleiros.org

REGISTRO DE ACTIVIDADES DEL TRATAMIENTO

En cumprimento do disposto polo artigo 31.2 da Lei 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos Persoais e Garantía de dereitos dixitais, o Concello fai público o Rexistro de Actividades do tratamento no seu sitio web. Os interesados poden consultalo na ligazón Registro de Actividades de Tratamiento.

Os datos de carácter persoal obxecto de tratamento por parte do Concello consistirán naqueles estritamente imprescindibles para as finalidades para as que se solicitaron en cada caso e que máis adiante se identifican. Dita información será tratada de forma leal, lícita e transparente en relación co interesado. Por outra banda, os datos persoais serán recolleitos para finalidades determinadas explícitas e lexítimas.

Os datos recolleitos de cada interesado serán adecuados, pertinentes e non excesivos en relación ás finalidades correspondentes para cada caso.

Con que finalidade tratamos os seus datos?

Nesta entidade tratamos a información obtida coa finalidade de tramitar os expedientes administrativos e as actuacións derivadas deles.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Almacenamos os datos durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais que encomenda a normativa administrativa e sempre cumprindo, cando menos, co tempo mínimo de conservación da información. Consonte o regulado no artigo 26 de la LOPDGDD será lícito o tratamento por esta entidade dos datos con fins de arquivo en interese público, sempre cumprindo coa normativa vixente de arquivos e documentación.

Existen decisións automatizadas?

Esta entidade pode tomar decisións automatizadas baseadas na cobertura legal que lle outorga o artigo 41 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Sería calquera acto ou actuación realizada integramente a través de medios electrónicos no marco dun procedemento administrativo e na que non intervén de forma directa unha persoa.

A toma de decisións automatizadas deberá regularse nunha normativa propia, definindo nela as especificacións, programación, mantemento, supervisión e control de calidade. Esta normativa estará ao dispor da cidadanía na sede electrónica desta entidade.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o cumprimento dunha misión que é realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.

Cales son os seus dereitos en relación cos datos facilitados?

Calquera persoa ten dereito a obter información sobre se nesta entidade se están tratando os seus datos persoais ou non.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder aos seus datos persoais, ao prazo de conservación dos seus datos e incluso a obter unha copia dos datos obxecto de tratamento.

Así mesmo, ten dereito de rectificación dos datos se son inexactos (por exemplo, pode solicitar unha rectificación do seu domicilio, un cambio de nome etc.).

As persoas interesadas teñen dereito á limitación do tratamento. Para iso deberán solicitalo á persoa responsable, que deberá suspender o tratamento cando lle soliciten a súa rectificación ou supresión ata que se resolva a súa solicitude.

As persoas interesadas poderán exercer o dereito de supresión (dereito ao esquecemento) sempre que se dean as circunstancias enumeradas no RXPD e segundo o regulado no artigo 15 da LOPDGDD.

A persoa afectada pode exercer o dereito de oposición ao tratamento, sempre por motivos relacionados coa súa situación persoal, coa excepción de que se acredite un interese lexítimo ou cando sexa necesario para o exercicio ou defensa de reclamacións. Igualmente, cando o tratamento teña por obxecto a mercadotecnica directa.

A persoa interesada terá dereito á portabilidade e a obter os datos nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, e a transmitilos a outro responsable do tratamento cando este estea baseado no consentimento ou se efectúe por medios automatizados.

As persoas interesadas poderán exercer os dereitos enumerados nos parágrafos anteriores a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica desta entidade ou enviando un escrito por correo postal.