A sede electrónica do Concello ten vocación de converterse nunha canle de comunicación accesible e universal para toda a cidadanía.
Por este motivo, na súa construción seguíronse as medidas e os criterios que a seguir se expoñen e que facilitan que as persoas usuarias obteñan coa menor dificultade posible a información e os servizos que poñemos ao seu dispor.
Utilizabilidade significa colocar no centro do deseño e da estruturación de contidos as necesidades das persoas usuarias. Pretende que as persoas usuarias leven a cabo as diferentes tarefas dispoñibles con eficacia, eficiencia, rapidez, facilidade e satisfacción.
Para conseguir este obxectivo tivéronse en conta as opinións das persoas usuarias coas que se realizaron probas reais con navegación no fogar.
Consiste en facilitar o acceso á web ao maior número de persoas usuarias posible, independentemente das súas características (capacidades/limitacións, hardware, software, comunicacións etc).
Para iso, a web desenvolveuse tendo en conta os seguintes estándares:
O deseño realizouse baixo a recomendación do W3C sobre as follas de estilo en cadoiros (CSS). Se o navegador ou dispositivo de navegación non soporta follas de estilo, o contido da web segue sendo totalmente lexible grazas ao seu marcado estrutural.
Este sitio web foi deseñado e programado seguindo as directrices da iniciativa WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/wai), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos web accesibles para todas as persoas. Para analizar a accesibilidade do portal utilizouse o test de accesibilidade web (TAW). O portal cumpre a prioridade 2 (nivel de accesibilidade dobre A).