A Sede electrónica do Concello permite a identificación a través dun certificado electrónico recoñecido. Enténdese por certificado electrónico recoñecido todo aquel que estea soportado na plataforma de @Firma do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.Tamén é posible identificarse a través da plataforma Cl@ve, a condición de que o rexistro na devandita plataforma fose feito utilizando unha das dúas modalidades de rexistro avanzado: presencialmente nunha oficina de rexistro ou a través de Internet cun certificado electrónico ou DNIe.