Volver Imprimir

Titular da Sede electrónica

O artigo 38 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público define a sede electrónica como aquel enderezo electrónico, dispoñible para a cidadanía a través de redes de telecomunicacións, cuxa titularidade corresponde a unha administración pública ou ben a un ou a varios organismos públicos ou entidades de dereito público no exercicio das súas competencias.

A través desta sede, a cidadanía e as empresas poden exercer o seu dereito de acceso á información e realizar as súas xestións con esta Administración.

O enderezo oficial desta sede electrónica está dispoñible en: https://sede.oleiros.org

Titularidade

A titularidade desta sede electrónica corresponde a: 

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173
Oleiros (A Coruña)


Esta administración é responsable, na xestión e administración desta sede electrónica, de velar pola integridade, veracidade e actualización da información e dos servizos aos que poida accederse a través dela.