De acordo co artigo 38.6 da Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público, o acceso a esta sede electrónica protocolízase utilizando un certificado de sede para asegurar que as relacións coa cidadanía se realizan a través dunha canle segura e dunha oficina pública recoñecida e non permiten a intrusión mal intencionada de terceiras persoas.
Para verificar a validez do certificado desta Administración pode utilizar o servizo “Valide” que o Ministerio de Presidencia ten habilitado para isto.
Unha vez acceda ao servizo siga as seguintes instrucións:
Para identificar e autenticar o exercicio da competencia na actuación administrativa automatizada, as administracións públicas poden utilizar selos electrónicos baseados en certificados que reúnen os requisitos esixidos pola lexislación de sinatura electrónica.
Un certificado de selo electrónico vincula uns datos de verificación de sinatura aos datos identificativos e de autenticación de determinada administración, organismo ou entidade, á persoa física representante da administración, organismo ou entidade titular do certificado e, se é o caso, ao persoal en quen estea delegada para os efectos da actuación administrativa automatizada.
Para actuacións e procedementos administrativos automatizados xestionados por esta Administración, vostede pode descargar o devandito certificado de selo de órgano incrustado no documento PDF que se xere de forma automática desde a sede electrónica. Para verificar a súa validez pode empregar o servizo “Valide” que ten habilitado o Ministerio de Presidencia.
VALIDe - Validación de certificados e sinaturas