Ao abeiro do artigo 38.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, "o establecemento dunha sede electrónica leva unida a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos que se poida acceder a través dela". O artigo 7.1 do Real decreto polo que se desenvolve parcialmente a dita lei engade que "O titular da sede electrónica que conteña un enlace ou vínculo a outra cuxa responsabilidade corresponda a distinto órgano ou Administración pública non será responsable da integridade, veracidade nin actualización desta última".A sede establece os medios necesarios para que a cidadanía coñeza se a información ou servizo ao que accede corresponde á propia sede, a un punto de acceso que non ten o carácter de sede ou a unha terceira persoa. Neste sentido, na sede electrónica indícase a través de mensaxes sobre as ligazóns se levan a abandonar a propia sede.
Se vostede considera que algún destes dereitos non é respectado, pode efectuar a súa reclamación a través do sistema de suxestións e reclamacións que o Concello pon ao seu dispor en todos os centros e oficinas de información municipais e na páxina web.