Volver Imprimir

Servizos da sede electrónica (FAQ)

Aspectos xerais

AUTOFIRMA. Novo sistema de sinatura electrónica
Autofirm@

Coa intención de facilitar o uso da sede electrónica municipal, e dados os problemas continuos de compatibilidade que existen nas diferentes versións de navegadores e na versión da aplicación Java, optamos por implantar o compoñente Autofirma para poder realizar a sinatura electrónica na sede electrónica municipal.

Autofirma é unha aplicación de sinatura electrónica desenvolvida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Ten a característica de que é executada desde o navegador da persoa usuaria, por iso é necesario instalala previamente no seu ordenador para realizar trámites na sede electrónica municipal. Para asinar electronicamente desde este sitio web é necesario ter instalada Autofirma no seu equipo. Descargue a aplicación.

Quen pode utilizar a sede electrónica?

Todas as persoas físicas e xurídicas que opten por interactuar co Concello a través de Internet e dispoñan dun certificado dixital recoñecido.

A sede electrónica estará dispoñible durante as 24 horas os 365 días do ano.
É seguro utilizar os servizos identificados da sede electrónica?
Si, toda a información que viaxa nos servizos que requiren identificación na sede electrónica do Concello está cifrada. Ademais, e grazas ao sistema de autenticación implantado, garántese que só vostede, como persoa interesada nos seus trámites, pode acceder tanto á información de tramitación como ás consultas de datos persoais.
Como podo acceder aos servizos da sede?

Consulte o apartado de sistemas de identificación da sede electrónica.

Como podo importar o meu certificado dixital?

INTERNET EXPLORER

Para importar un certificado en Internet Explorer debemos realizar os seguintes pasos:

Acceder ao menú Ferramentas - Opcións de Internet - Contido – Certificados. A pestana "Persoal" (por defecto) mostra unha pantalla coa relación de certificados persoais instalados no noso navegador.

Prememos o botón "Importar" e aparecerá un asistente que nos guiará durante toda a importación do certificado. Dámoslle ao botón "Seguinte" e en “examinar” seleccionamos a ruta e o nome do ficheiro do certificado que queremos importar e prememos "Seguinte".

Na seguinte ventá pídesenos o contrasinal co que está protexido o ficheiro, introducímolo e marcamos a casa "Marcar a clave privada como exportable" para que poidamos volver exportar o certificado coa súa clave privada e "Habilitar protección segura...". Prememos "Seguinte".
A seguir indícanos onde podemos colocar o certificado importado. Deixaremos a opción por defecto e pulsaremos "Seguinte" e "Finalizar", e se queremos establecerlle un contrasinal ao noso certificado pulsamos "Nivel de seguridade" para poñelo en alto. Asignamos un contrasinal e a súa confirmación. Prememos finalizar e pediranos de novo o contrasinal que introducimos. Finalizamos o asistente.

Se todo é correcto aparecerá un cadro informándonos de que o certificado foi importado correctamente.

FIREFOX

Acuda ao almacén de certificados do navegador Mozilla Firefox:

Menú Ferramentas / Opcións / Privacidade e Seguridade / Certificados / botón “Ver certificados”, pestana "Os seus certificados".

  • Pulse o botón "Importar"
  • Busque a localización (disco duro, cd, memoria USB, unidade de rede) da copia do seu certificado que quere importar.
  • Insira o contrasinal mestre do seu navegador (estableceuse algún). Se é a primeira vez que usa este navegador con certificados, insira un contrasinal e a confirmación. Terá que empregar este contrasinal cada vez que queira usar o seu certificado nas webs que o requiran.
  • Insira o contrasinal co que protexeu a súa copia de seguridade.
  • Se todo o proceso é correcto recibirá a seguinte mensaxe:

"Restaurouse satisfactoriamente o seu certificado de seguridade e a clave privada"

Registro electrónico

Que é o rexistro electrónico?
Qué e?

O rexistro electrónico é análogo ao rexistro presencial. A cidadanía poderá presentar documentación ao Concello a través deste rexistro sen ter que perder tempo en desprazamentos e esperas.

Como funciona o rexistro electrónico?

Seleccione o trámite que desexa realizar e comprobe que pode presentarse a través do rexistro electrónico. Cubra os datos solicitados no formulario e anexe a documentación que requira a solicitude para que o Concello poida iniciar a xestión coa maior celeridade. Unha vez realizado o trámite expedirase o correspondente xustificante de presentación, que poderá descargar ou imprimir.

O rexistro electrónico está operativo as 24 horas do día, durante todos os días do ano, agás as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas, das que se informará no apartado de interrupcións do servizo.

O rexistro electrónico do Concello rexerase, para os efectos do cómputo de prazos, pola data e a hora oficiais da sede electrónica. No tocante ao cómputo do prazo fixado en días hábiles ou naturais, en referencia ao cumprimento de prazos por parte das persoas interesadas, actuarase do xeito que se detalla a seguir:

  • A data e a hora de referencia serán as vixentes no momento da recepción ou saída da correspondente solicitude, escrito ou comunicación, en ou desde o sistema de información que dea soporte ao rexistro electrónico.
  • A entrada de solicitudes, escritos ou comunicacións recibidas en días inhábiles entenderase efectuadas na primeira hora do primeiro día hábil seguinte. Para estes efectos, constará no asento de entrada correspondente a data e a hora en que efectivamente se recibiu a solicitude, escrito ou comunicación presentada pero na mensaxe de confirmación indicaranse as cero horas e un minuto do seguinte día hábil.
  • Considéranse días inhábiles, para os efectos do rexistro electrónico da Administración Municipal, os establecidos como días festivos no calendario oficial de festas laborais da  Comunidade Autónoma e de festas locais deste municipio. Este calendario está publicado na sede electrónica, no apartado Calendario de días inhábiles.

Para utilizar o rexistro electrónico debe empregar algún dos Sistemas de identificación da sede electrónica. Ademais debe ter en conta os requisitos e recomendacións técnicas recollidos na páxina de Requisitos técnicos.

Como podo presentar unha suxestión ou unha queixa?
Desde o trámite de "Queixas e suxestións" accesible desde o propio menú de trámites ou desde o catálogo de trámites.

Notificación electrónica

Que é a notificación electrónica?

O artigo 41.1 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, establece o carácter preferente das notificacións por medios electrónicos. En todo caso, realizaranse deste xeito cando a persoa interesada estea obrigada a recibilas por esta vía.

Por tanto, para aquelas persoas interesadas que non estean obrigadas, a notificación electrónica ten carácter voluntario. As persoas poderán decidir e comunicar en calquera momento ao Concello que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicarse por medios electrónicos.

De acordo co artigo 43.1 da mesma norma, a notificación electrónica debe ser practicada mediante comparecencia na súa Carpeta Cidadá ou na Dirección Eletrónica Habilitada única (DEHú), ambas dispoñibles no Punto de Acceso Xeral (administracion.gob.es), tanto para acceder ás notificacións electrónicas derivadas dos procedementos nos que voluntariamente decidira subscribirse como para aqueles en que a notificación electrónica sexa obrigatoria.

No caso das persoas usuarias obrigadas polo artigo 14.2 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, este será o medio de notificación empregado, debido á obriga de relacionárense por medios electrónicos coas administración públicas.

Este servizo cumpre coas máximas garantías de confidencialidade, autenticidade e privacidade co fin de asegurar a identidade das persoas participantes e a seguridade das comunicacións.

Os meus datos

Como podo consultar e modificar "os meus datos de contacto"?

Pode consultar e modificar os seus datos de contacto desde o servizo “Datos persoais” do menú “Os meus datos”.

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Como podo consultar as "miñas anotacións de entrada e saída"?

Pode consultar a información referente ás súas anotacións de entrada e de saída desde o servizo “Anotacións no rexistro” do menú “Os meus datos”.

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Como podo consultar "os meus expedientes"?

Pode consultar a información referente aos seus expedientes desde o servizo "Expedientes" do menú "Os meus datos".

Como podo obter un "certificado de empadroamento"?

Pode obter un certificado de empadroamento desde o servizo "Datos do padrón habitantes" do  menú "Os meus datos".

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Como podo consultar "os meus recibos"?

Pode consultar a información referente aos seus recibos pendentes e cobrados desde o servizo "Recibos" do menú "Trámites tributarios".

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Como podo consultar "as miñas liquidacións"?

Pode consultar a información referente ás súas liquidacións desde o servizo "Liquidacións" do menú "Trámites tributarios".

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Como podo consultar "os meus obxectos tributarios"?

Pode consultar a información referente aos seus obxectos tributarios desde o servizo "Obxectos tributarios" do menú "Trámites tributarios".

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Como podo consultar "o meu calendario fiscal"?

O calendario fiscal é o calendario no que se indican as datas en que as persoas contribuíntes poden realizar xestións, consultar datos ou presentar documentos e realizar os pagos a que estean obrigadas segundo a súa actividade e a súa situación económica. Os calendarios fiscais adoitan incluír as datas que cómpre lembrar para cumprir coas nosas obrigas fiscais fronte ao Concello.

Pode consultar o calendario fiscal desde o servizo "Calendario fiscal" do menú "Trámites tributarios".

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Como podo domiciliar "os meus tributos"?

Pode domiciliar un tributo desde o servizo "obxectos tributario" do menú "Trámites tributarios".

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Como podo consultar "os meus documentos"?

Este servizo do Concello permite que unha persoa poida consultar en todo momento a dispoñibilidade dos documentos que xerou de forma automática desde a propia sede electrónica.

Pode consultar os seus documentos desde o servizo "Documentos" do menú "Os meus datos".

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

Outros servizos

Que funcionalidade ten o taboleiro de anuncios?

O taboleiro de anuncios electrónico permite substituír ou complementar a publicación no taboleiro de anuncios tradicional con todas as garantías, xa que é posible asinar e selar electronicamente os documentos para garantir a data de publicación e a súa inalterabilidade ao longo do tempo.

Deste xeito favorécese o acceso á información información, xa que a cidadanía poderá consultar o taboleiro de anuncios electrónico desde Internet, evitando desprazamentos e podendo localizar os documentos dun modo moito máis sinxelo e cómodo.

Para saber máis acerca de como utilizar este servizo pinche aquí.

En que consiste a validación de documentos?

Todos os documentos asinados electronicamente na aplicación incorporan un código seguro de verificación (CSV) xerado automaticamente.

Desta forma, cando se imprime unha copia en papel, o código actúa como "localizador" do documento dentro do arquivo electrónico do Concello, dotando o documento en papel da consideración de copia auténtica para todos os efectos legais.

Se unha persoa ou outra administración reciben a copia en papel poden verificar a autenticidade do documento de forma moi sinxela.

Basta con que accedan á sede electrónica do Concello, ao servizo "Validación de documentos" do menú "Trámites" e tecleen o código de identificación. Nese mesmo momento poderán descargar a versión orixinal do documento en formato electrónico e comprobar a súa autenticidade.

Poede acceder a este servizo desde a opción "Validación de documentos" do menú "Trámites".

Que funcionalidade ten o perfil de contratante?
É un servizo que acredita, rexistra, deposita e pon ao dispor da cidadanía, mediante Internet, toda a información relativa á contratación administrativa realizada polo Concello, tal como anuncios de licitación, adxudicacións, pregos de contratación.