Volver Imprimir

Data e hora oficial da sede electrónica

Teña en conta que a data e a hora que terán validez legal en calquera xestión que vostede realice desde esta sede electrónica é a data e a hora oficial e non a do equipo ou dispositivo desde o que realice a xestión.

O servizo que proporciona a data e a hora oficial é ofrecido polo Real Observatorio de la Armada e esta sede electrónica está sincronizada con el.

Regulación legal:

  • O artigo 31.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas: “O rexistro electrónico de cada Administración ou organismo rexerase, para os efectos de cómputo dos prazos, pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguranza necesarias para garantir a súa integridade e figurar de modo accesible e visible".
  • O artigo 15.2 do Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da administración electrónica sinala que a sincronización da data e da hora se realizará co Real Instituto e Observatorio da Armada, consonte o previsto sobre a hora legal no Real decreto 1308/1992 do 23 de outubro.

Para verificar a hora oficial nun momento dado sitúe o cursor por riba da hora e data que se amosa na cabeceira da sede electrónica e prema nela. Ao pasar o cursor por riba amosarase unha mensaxe co contido "actualizar".