Portal Web
GA
GAL
ES
ES
Sede electrónica
No hay subtitulo
Menu
Sede electrónica
✕
Mis Datos
Datos personales
Datos del padrón de habitantes
Anotaciones en el registro
Expedientes
Buzón de documentos
Trámites tributarios
Recibos
Multas
Autoliquidaciones
Objetos tributarios
Mi Calendario fiscal
Pago de tributos
Publicaciones Oficiales
Personal y RRHH
Tablón de anuncios y edictos electrónicos
Ordenanzas municipales
Perfil del contratante
Calendario fiscal
Servicios generales
Catálogo de trámites
Registro electrónico
Catálogo de trámites urbanísticos
Quejas y sugerencias
Oficinas de asistencia de registro
Validación de documentos
Sala de firmas
Casas de préstamos
Descripción
Solicitud de un local municipal de la Concellería de Ensino e Xuventude
Quien lo puede Presentar
REQUISITOS:
Ser mayor de edad
Estar empadronado/a en Oleiros
No tener deudas con el Concello de Oleiros
Para los menores de edad, la solicitud debe ser presentada únicamente por el padre, madre o tutor/a empadronados/as en Oleiros, asumiendo el compromiso y las obligaciones de este documento. Las asociaciones/entidades deben constar en nuestro Registro Municipal de Entidades
Plazos de Presentación
Prazo ordinario
: abrirase 2 meses antes da data do evento e permanecerá aberto ata a data da adxudicación (aprox. 1 mes antes da data solicitada).
Prazo extraordinario
: os locais poderán solicitarse fóra deste período ata os 10 días naturais previos á data solicitada, quedando suxeito á dispoñibilidade dos locais e adxudicándose por orde de entrada no rexistro municipal.
Presentación
No Rexistro Xeral de entrada do Centro Cultural A Fábrica (de 8.30 a 14 horas).
A través da Sede electrónica do Concello de Oleiros.
Efecto del silencio Administrativo
No procede
Información Adicional
PROCESO PARA A ADXUDICACIÓN DAS SOLICITUDES
A adxudicación será por sorteo, tendo en conta previamente os baremos indicados.
RECOLLIDA DE CHAVES
Na Policía Local o mesmo día da celebración (días laborables a partir das 13:00h e non laborables a partir das 10:00h). Só poderá recoller a chave a persoa que consta na solicitude, co DNI e copia da folla de solicitude, ou persoa autorizada por esta mediante escrito expreso e presentando o DNI. Non se poden recoller as chaves antes da hora indicada.
DEVOLUCIÓN DE CHAVES
Antes das 10:00 h. do día seguinte á celebración na Policía Local (oficina 24 horas).
CONDICIÓNS PARA O USO DOS LOCAIS
CAPACIDADE: De 50 persoas no caso da Casa de Bastiagueiro e de 25, na Villa Echeverry.
TEMPO DE USO: ata as 00.00 h no caso de menores de idade e ata as 02:00h para os maiores desa idade.
SUPERVISIÓN DO LOCAL : Se as persoas usuarias atopasen desperfectos, suciedade ou calquera outra circunstancia leve contactarán con c.xuventude@oleiros.org, achegando fotografías, e indicando data do evento e datos do solicitante; se encontrasen deterioracións graves, contactarán coa Policía Local de Oleiros (981610001).
ANULACIÓNS: Comunicaranse antes da data concedida, enviando un correo a c.xuventude@oleiros.org no que se sinalarán os datos persoais, a data da solicitude e o local correspondente.
NA VILLA ECHEVERRY SÓ PODERÁ FACERSE USO DA GALERÍA DA PLANTA BAIXA E DO XARDÍN.
MOBILIARIO: Todas as casas dispoñen de mobiliario (taboleiros, cabaletes, bancos/cadeiras), baños e tomas de corrente. Na Casa de Bastiagueiro, hai unha pequena neveira e zona de barbacoa (no caso de usala, a grella deberán achegala os usuarios).
O Concello de Oleiros non se responsabiliza das actividades que se realicen dentro dos locais cedidos ou da omisión de actos aos que estivesen obrigados cando os compromisos asumidos pola persoa solicitante sexan incumpridos, correspondendo exclusivamente a este/a ou ao grupo que representa as consecuencias dos seus actos.
O Concello queda facultado para adoptar as medidas legais e administrativas que correspondan (xestión dos trámites legais que correspondan, aboamento ao Concello do custo das reparacións, de ser o caso, e a perda do dereito a facer uso dos locais de préstamo), no caso de que se incumpran os citados compromisos e obrigacións dos usuarios.
O Concello reservase o dereito de cancelación do evento no caso de aviso por alertas que supoñan un risco para os veciños/as.
COMPROMISOS E OBRIGAS NO USO DE LOCAIS
No caso de non poder facer uso da Casa adxudicada, notificar a renuncia á maior brevidade e sempre antes do día da data adxudicada, a través do correo electrónico indicado no apartado de “Condicións para o uso dos locais” (c.xuventude@oleiros.org).
No suposto de recibir reclamacións da veciñanza e unha vez notificado aos responsables, solucionar o problema causado.
Non facer uso dos exteriores do recinto perturbando a terceiros.
Non superar o aforo establecido (ata un máximo de 50 persoas na Finca Bastiagueiro e de 25 na Villa Echeverry) ou o número de persoas indicado na solicitude para o caso de que non chegue ao aforo máximo. O Concello pode autorizar en casos excepcionais e debidamente xustificados un incremento do aforo, sempre que non supoña risco para a seguridade das persoas ou das cousas.
Estar presente a persoa solicitante en todo momento.
Utilizar a instalación para o fin solicitado.
Non superar o tempo estipulado para o uso do local.
Entregar as chaves na Policía Local antes das 10:00 h do día seguinte ao seu uso.
Actuar de xeito cívico, e no caso de provocar danos no local, notificalo á Policía Local no transcurso do evento.
Queda prohibido o consumo de alcohol por menores e o consumo de drogas por parte de calquera asistente.
Atender en todo momento os requirimentos das autoridades públicas ou corpos de seguridade.
Queda prohibida a realización de eventos públicos sen previa autorización do Concello.
Queda prohibido vender produtos e cobrar entrada aos asistentes.
Non se poderán instalar inchables, nin carpas, nin artefactos nin instalacións similares.
Non se poderán contratar servizos a empresas ou particulares sen autorización do Concello.
Non se permite a presenza de animais de compañía, agás cans de asistencia.
O local, enxoval e materiais, que son prestados gratuitamente polo Concello, deberán deixarse perfectamente limpos, desinfectados e en bo estado.
BAREMO DO PROCESO DE ADXUDICACIÓN*
Preferencia os mozos e as mozas de 14 a 30 anos e as asociacións/entidades municipais.
Solicitudes que non tivesen adxudicado ningún local de préstamo no ano en curso.
No caso de haber varias solicitudes con idénticas características, realizarase un sorteo entre elas.
** O Concello queda facultado para, de ser necesario, realizar a cesión de xeito máis conveniente para os intereses públicos.
Documentación relacionada
Modelo de Solicitud
Solicitude en modelo normalizado dun local municipal da Concellería de Ensino e Xuventude
Nivel de identificación del solicitante
Documentos a Presentar
Documentación requerida
- Solicitud en modelo normalizado firmada digitalmente
Tramitación Online
Seleccione como desea identificarse:
Con Autofirma