O programa de actividades de Surf terá lugar na casa de Surf da praia de Bastiagueiro desde o 29 de setembro de 2023 de 2023 ata o 26 de maio de 2024, coincidindo as súas sesións co calendario escolar. No caso de alertas metereolóxicas que imposibiliten ou recomenden non realizar a actividade, esta suspenderase.
Teremos funcionando 3 grupos (só é posible inscribirse nun grupo):
O Concello de Oleiros facilitará a táboa, o traxe de neopreno e a licra para a actividade.
O Concello de Oleiros, coñecedor da problemática social que supoñen os ascendentes índices de obesidade infantil e xuvenil, do sedentarismo, e das dificultades que ás veces atopa a nosa mocidade para realizar actividades físicas e deportivas dun xeito regular, pon en marcha un novo curso da Escola Municipal de Surf dirixida a rapaces/as nacidos/as entre o 2003 e 2011.
Prezo público: 15€/mes
O programa de actividades de Surf terá lugar na casa de Surf da praia de Bastiagueiro (rúa Anguías https://goo.gl/maps/qxFYF91PrP3ffxaWA ) desde o 29 de setembro de 2023 de 2023 ata o 26 de maio de 2024, coincidindo as súas sesións co calendario escolar. No caso de alertas metereolóxicas que imposibiliten ou recomenden non realizar a actividade, esta suspenderase.