O programa de actividades de Surf terá lugar no centro deportivo municipal da Praia Bastiagueiro desde o 29 de setembro de 2023 ata o 26 de maio de 2024, coincidindo as súas sesións co calendario escolar. No caso de alertas metereolóxicas que imposibiliten ou recomenden non realizar a actividade, esta suspenderase.
Teremos funcionando 3 grupos (renovación no mesmo grupo de 2022/2023):
O Concello de Oleiros facilitará a táboa, o traxe de neopreno e a licra para a actividade.
O Concello de Oleiros, coñecedor da problemática social que supoñen os ascendentes índices de obesidade infantil e xuvenil, do sedentarismo, e das dificultades que ás veces atopa a nosa mocidade para realizar actividades físicas e deportivas dun xeito regular, pon en marcha un novo curso da Escola Municipal de Surf dirixida a rapaces/as nacidos/as entre o 2003 e 2011.
Prezo público: 15€/mes
O programa de actividades de Surf terá lugar na casa de Surf da praia de Bastiagueiro (rúa Anguías https://goo.gl/maps/qxFYF91PrP3ffxaWA ) desde o 29 de setembro de 2023 de 2023 ata o 26 de maio de 2024, coincidindo as súas sesións co calendario escolar. No caso de alertas metereolóxicas que imposibiliten ou recomenden non realizar a actividade, esta suspenderase.
Proceso e prazo de renovación para persoas empadroadas participantes no curso 2022/2023 e sistema de pagamento:
O prazo de renovación para persoas empadroadas participantes no curso 2022/2023 comezará o luns 19 de xuño ás 9:00 ata o luns 26 de xuño ás 13:00h na SEDE ELECTRÓICA.
O sistema de pagamento será por medio de domiciliación bancaria. O documento para realizar este trámite enviarase a persoa interesada ao correo electrónico facilitado na inscrición unha vez se confirme a admisión no curso.
As inscricións deberán realizarse a través da SEDE ELECTRÓNICA do Concello de Oleiros.