Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

Sede electrónica

Presentación de facturas electrónicas

Finalidade
O Concello de Oleiros habilita a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (FACE) o servizo para a recepción, por vía telemática, e posterior rexistro automático de facturas electrónicas emitidas por provedores.
Pode consultar o Directorio Común de Unidades Orgánicas e Oficinas (DIR3) no seguinte enlace:
  • Acceso ao Directorio de unidades FACE
Quen o pode Presentar
Todos os provedores do Concello de Oleiros que sexan capaces de xerar e asinar as súas facturas, empregando o formato estándar establecido para a factura electrónica.
Presentación
O envío de facturas electrónicas deberase efectuar a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas. Só serán admitidas en formato electrónico facturae nas versións recoñecidas no propio punto xeral de entradas, e cuxas características e as da súa evolución están descritas no portal http://www.facturae.gob.es/Paginas/Index.aspx.
Efecto do silencio Administrativo
Non procede
Normativa básica
De acordo coas bases do orzamento xeral deste Concello as sociedades anóminas, as sociedades de responsabilidade limitada, UTEs, e resto de entidades recollidas no artigo 4 da Lei 25/13 de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público, deberán presentar en todo caso factura electrónica no Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (FACE), cos requisitos aquí descritos. Polo que as facturas que se presenten por calquera outro medio serán rexeitadas

O formato da factura electrónica admisible por esta Corporación adecuarase á evolución tecnolóxica que regula a Administración Xeral do Estado, e que actualmente está establecido na Orde PRE/2971/2007, do 5 de outubro, sobre a expedición de facturas por medios electrónicos cando o seu destinatario sexa a Administración Xeral do Estado ou os seus organismos públicos vinculados ou dependentes daquela e sobre a presentación ante a Administración Xeral do Estado ou organismos públicos vinculados ou dependentes de facturas expedidas entre particulares.

A autenticidade da orixe e a integridade do contido das facturas electrónicas garantiranse mediante a esixencia de sinatura electrónica avanzada baseada nun certificado recoñecido e xerada mediante un dispositivo seguro de creación de sinatura, de acordo co artigo 3.3 da Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.

Antes de presentar unha factura electrónica a través deste trámite é conveniente que se asegure que o seu formato é correcto desde o servizo que ofrece o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no seguinte enderezo.
  • http://sedeaplicaciones2.minetur.gob.es/FacturaE/
Información Adicional
Dentro do documento de factura electrónica será obrigatorio, para a correcta remisión da factura ao órgano destinatario final, informar do órgano xestor, a unidade tramitadora e a oficina contable destinatarios. As unidades deberán ir codificadas de acordo ao Directorio Común de Unidades Orgánicas e Oficinas (DIR3) que poderá consultar no seguinte enlace:
  • Acceso ao Directorio de unidades FACE
Dentro do Detalle da Factura, no campo correspondente a Descrición-id, deberase indicar a descrición pormenorizada e completa dos servizos, subministros ou obras realizadas, así como o periodo ao que se corresponden, que permitan identificalos correctamente.

A omisión destes datos en canto a Oficina Contable, Órgano Xestor, e Unidade Tramitadora, así como en canto ao detalle da factura, facultará a esta Administración, para non anotar no rexistro contable de facturas, estas facturas incorrectas, de acordo co artigo 5.4 da Orde HAP/492/2014, de 27 de marzo, pola que se regulan os requisitos funcionais e técnicos do rexistro contable de facturas das entidades do ámbito de aplicación da Lei 25/2013, de 27 de decembro.

Notas sobre a creación da factura na aplicación Facturae
Se non dispón dun sistema para a xeración da factura electrónica en formato Facturae, pode descargar e instalar no seu PC a seguinte aplicación desde a páxina oficial do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no seguinte enderezo
  • http://www.facturae.gob.es/formato/Paginas/descarga-aplicaciones.aspx
Nivel de identificación do solicitante
Documentos a Presentar
  • Tramitación Online
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/