Portal Web
GA
GAL
ES
ES
Identificate
Sede electrónica
No hay subtitulo
Menu
Sede electrónica
✕
Os meus datos
Datos persoais
Datos do padrón
Anotacións de rexistro
Expedientes
Caixa de correos de documentos
Trámites tributarios
Recibos
Multas
Autoliquidacións
Obxectos tributarios
O meu Calendario fiscal
Pago de tributos
Publicacións Oficiais
Persoal e RRHH
Taboleiro de anuncios
Ordenanzas municipales
Perfil do contratante
Calendario fiscal
Servicios xerais
Catálogo de trámites
Rexistro electrónico
Catálogo de trámites urbanísticos
Queixas e suxestións
Oficinas de asistencia de registro
Validación de documentos
Sala de sinaturas
Presentación de facturas electrónicas
Descripción
Finalidade
O Concello de Oleiros habilita a través do
Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (FACE)
o servizo para a recepción, por vía telemática, e posterior rexistro automático de facturas electrónicas emitidas por provedores.
Pode consultar o Directorio Común de Unidades Orgánicas e Oficinas (DIR3) no seguinte enlace:
Acceso ao Directorio de unidades FACE
Quen o pode Presentar
Todos os provedores do Concello de Oleiros que sexan capaces de xerar e asinar as súas facturas, empregando o formato estándar establecido para a factura electrónica.
Presentación
O envío de facturas electrónicas deberase efectuar a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas. Só serán admitidas en formato electrónico facturae nas versións recoñecidas no propio punto xeral de entradas, e cuxas características e as da súa evolución están descritas no portal
http://www.facturae.gob.es/Paginas/Index.aspx
.
Normativa básica
Os provedores deberán presentar factura electrónica no Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (FACE), cos requisitos aquí descritos. De acordo co art. 14.2.c da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as persoas físicas que exerzan unha actividade empresarial ou profesional estarán obrigadas igualmente a presentar factura electrónica, excepto que acrediten, mediante unha declaración responsable, que non teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios. Polo tanto, á hora de presentar a factura no rexistro administrativo correspondente (art. 16 da lei 39/15), deberán achegar esta declaración responsable.
O formato da factura electrónica admisible por esta Corporación adecuarase á evolución tecnolóxica que regula a Administración Xeral do Estado, e que actualmente está establecido na Orde PRE/2971/2007, do 5 de outubro, sobre a expedición de facturas por medios electrónicos cando o seu destinatario sexa a Administración Xeral do Estado ou os seus organismos públicos vinculados ou dependentes daquela e sobre a presentación ante a Administración Xeral do Estado ou organismos públicos vinculados ou dependentes de facturas expedidas entre particulares.
A autenticidade da orixe e a integridade do contido das facturas electrónicas garantiranse mediante a esixencia de sinatura electrónica avanzada baseada nun certificado recoñecido e xerada mediante un dispositivo seguro de creación de sinatura, de acordo co artigo 3.3 da Lei 59/2003, do 19 de decembro, de sinatura electrónica.
Antes de presentar unha factura electrónica a través deste trámite é conveniente que se asegure que o seu formato é correcto desde o servizo que ofrece o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no seguinte enderezo.
http://sedeaplicaciones2.minetur.gob.es/FacturaE/
Información Adicional
Dentro do documento de factura electrónica será obrigatorio, para a correcta remisión da factura ao órgano destinatario final, informar do órgano xestor, a unidade tramitadora e a oficina contable destinatarios. As unidades deberán ir codificadas de acordo ao Directorio Común de Unidades Orgánicas e Oficinas (DIR3) que poderá consultar no seguinte enlace:
Acceso ao Directorio de unidades FACE
Dentro do Detalle da Factura, no campo correspondente a Descrición-id, deberase indicar a descrición pormenorizada e completa dos servizos, subministros ou obras realizadas, así como o periodo ao que se corresponden, que permitan identificalos correctamente.
A omisión destes datos en canto a Oficina Contable, Órgano Xestor, e Unidade Tramitadora, así como en canto ao detalle da factura, facultará a esta Administración, para non anotar no rexistro contable de facturas, estas facturas incorrectas, de acordo co artigo 5.4 da Orde HAP/492/2014, de 27 de marzo, pola que se regulan os requisitos funcionais e técnicos do rexistro contable de facturas das entidades do ámbito de aplicación da Lei 25/2013, de 27 de decembro.
Notas sobre a creación da factura na aplicación Facturae
Se non dispón dun sistema para a xeración da factura electrónica en formato Facturae, pode descargar e instalar no seu PC a seguinte aplicación desde a páxina oficial do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio no seguinte enderezo
http://www.facturae.gob.es/formato/Paginas/descarga-aplicaciones.aspx
Nivel de identificación do solicitante
Documentos a Presentar
Tramitación Online