Cooperativa de pisos protexidos
- Descripción
- Solicitude para participar na creación dunha cooperativa de vivendas na praza da Rabadeira
- Finalidade
- Construción de 20 pisos protexidos para veciños e veciñas de Oleiros
- Quen o pode Presentar
- REQUISITOS:
- Ser maior de idade
- Estar empadroado/a en Oleiros
- Prazos de Presentación
- 05/06/2026 10:00:00 - 05/07/2026 23:59:00
- Presentación
- A través da Sede electrónica do Concello de Oleiros
- Efecto do silencio Administrativo
- Non procede
- Información Adicional
- Os veciños e veciñas de Oleiros que se inscriban para participar nesta cooperativa de vivendas na praza da Rabadeira serán convocados mediante correo electrónico para asistir a unha asemblea informativa na que se detallará toda a información relativa a este proceso, requisitos, prazos, importes, posibilidades de financiación, características das vivendas...
O prezo dos pisos e os requisitos de acceso son os estipulados pola Xunta.
En España existe un grave problema para o acceso á vivenda do que Oleiros non é alleo. Ante a falta de políticas públicas efectivas por parte da Xunta e do Estado –que son as administracións competentes neste ámbito-, o Concello vai máis alá das súas obrigas e promove a creación de cooperativas de vivendas mediante a venda de varias parcelas de propiedade municipal, logradas gratuitamente a través da xestión urbanística, a prezos inferiores aos de mercado.
Máis información
- Nivel de identificación do solicitante
- Baixo:
- Non é necesario demostrar a súa identidade