Poderán ser beneficiarias das subvencións ao abeiro das presentes bases as ANPAS dos Centros de Ensino Público de 2º ciclo de Educación Infantil, Primaria e Secundaria de Oleiros e as asociacións de nais e pais das escolas artísticas municipais (EMMO e CEMAE) , que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas.
b) Figurar inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros antes do 31/12/2025.
c) Ter un número mínimo de trinta e cinco socios.
d) Desenvolver as súas actividades dentro do término municipal de Oleiros.
e) Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
f) Ter domicilio social e fiscal en Oleiros.
g) Estar ao corrente das súas obrigas coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello de Oleiros.
h) Non ter pendente a xustificación dalgunha subvención anterior ou, no seu caso, ter reintegrado o importe non xustificado.
i) O persoal ao que corresponda a realización de actividades cumprirá o requisito previsto no artigo 57 da Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.
A ausencia dos requisitos sinalados nos parágrafos g) e h) será subsanable antes da concesión, previo requirimento ao efecto.