Descripción
ENVELLECEMENTO ACTIVO (XIMNASIA, IOGA, MEMORIA) 25/26
Pinche AQUÍ para descargarse o programa 65+ de "Envellecemento activo 25/26".
Seleccione a ficha de inscrición correspondente a actividade na que desexa solicitar a praza. (ximnasia, memoria , ioga)
Introduza a continuación os datos de identificación do participante, no apartado "Datos do interesado".
Deberá escoller o grupo correspondente a localidade e o horario no que desexe participar.
Finalidade
Programa “Envellecemento activo” está dirixido as persoas maiores de 65 anos, empadroadas en Oleiros. Nel desenvolvesen actividades de memoria, ximnasia e ioga, en todas as localidades de Oleiros.
É un programa con continuidade temporal no que nesta ocasión, ofrécese a posibilidade de incorporación a 138 novas persoas (50 prazas de Ioga e relaxación, 19 prazas na actividade de memoria e 69 prazas na actividade de ximnasia).
Quen o pode Presentar
As persoas empadroadas en Oleiros que teñan cumpridos os 65 anos.
Información Adicional
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde as 9:00 do 20 de outubro ata as 23:59 do 28 de outubro.
- Realizarase un sorteo aleatorio con todas as solicitudes.
- As solicitudes que non obteñan praza incorporaranse a unha listaxe de reserva.
- No caso de solicitudes duplicadas teráse en conta a derradeira, anulando as anteriores.
- O 30 de outubro publicaranse as listaxes coa adxudicación de prazas e as reservas.
- As profesionais de Servizos Sociais e igualdade conectarán telefonicamente coas persoas que obteñan praza e comunicaráselles a data de inicio en cada actividade.
- A listaxe de reserva estará en vigor hata o 30 de xuño de 2026.
Medios de contacto
Inscripcións nas actividades: