Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Imposto de Construccións, Instalacións e Obras
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos e multas
    • Certificado débeda
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servizos xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Convocatoria de subvenciones a clubs deportivos de Oleiros para o fomento do deporte no ano 2026

Descripción

Convocatoria de subvencións a clubs deportivos de Oleiros para o fomento do deporte no ano 2026

Finalidade
O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de actividades deportivas coa finalidade de fomentar un uso activo e creativo do ocio, e apoiar ás entidades sen fins de lucro na realización de actividades deportivas, con atención especial ás entidades que desenvolvan e potencien as súas actividades deportivas nas categorías inferiores ou de base.
           
O Concello poderá excluír da concesión calquera actividade que considere que non serve ás finalidades sinaladas, así como as que promovan, faciliten ou permitan a discriminación de calquera tipo (étnica, social, sexual, ideolóxica, lingüística, etc.) ou sexan incompatibles cos valores de igualdade, libre desenvolvemento da personalidade, laicidade e protección ao medio ambiente.
Quen o pode Presentar

Poderán ser beneficiarios das subvencións ao abeiro das  bases reguladoras,  as entidades deportivas que cumpran os seguintes requisitos:

 

a) Estar legalmente constituídas.

b) Figurar inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros antes do 31/12/2025.

c) Desenvolver as súas actividades dentro do término municipal de Oleiros.

d) Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

e) Ter domicilio social e fiscal en Oleiros.

f) Estar ao corrente das súas obrigas coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello de Oleiros.

g) Non ter pendente a xustificación dalgunha subvención anterior ou, no seu caso, ter reintegrado o importe non xustificado.

h) O persoal ao que corresponda a realización de actividades cumprirá o requisito previsto no artigo 57 da Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

 

A ausencia dos requisitos sinalados nos parágrafos f) e g) será subsanable antes da concesión, previo requirimento ao efecto.

Quedan excluídas as entidades deportivas que foran sancionadas pola federación deportiva correspondente no ano anterior á convocatoria, cando a sanción teña a súa orixe en condutas violentas, racistas, xenófobas ou intolerantes.

 

Prazos de Presentación
04/08/2026 00:00:00 - 24/08/2026 23:59:00
Presentación
Telemáticamente: na Sede Electrónica
Órgano Xestor
Concellería de Deportes e Unidade Xurídica
Prazo de resolución
A resolución deberá adoptarse e notificarse no prazo de seis meses dende que rematara o prazo para a presentación das solicitudes.
Efecto do silencio Administrativo
Desestimatorio
Recursos
A Resolución do procedemento, que pon fin á vía administrativa, e contra ela poderase interpor ante o órgano que a dite recurso potestativo de reposición, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ao da publicación da mesma, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ao da publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.
Normativa básica
  • Convocatoria específica.
  • Ordenanza reguladora das bases de subvencións do Concello de Oleiros.
  • Lei 38/2003, do 16 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento de desenvolvemento.
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
  • Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Información Adicional

Presentación:

  • O prazo para a solicitude será de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  • Todos os formularios (Modelos) que se adxunten, deben estar asinados dixitalmente polas persoas responsables.

 

Medios de Contacto

  • 981 610 000 – ext. 4911 - 4913
  • b.rey@oleiros.org
  • b.miron@oleiros.org
Documentación relacionada
Bases entidades deportivas fomento do deporte 2026

Formulario 1 - Solicitude

Formulario 2.1 - Entidades deportivas (agás fútbol)

Formulario 2.2 - Clubs de fútbol

Formulario 3.1 - Xustificación memoria

Formulario 3.2 - Xustificación certificación de ingresos

Formulario 3.3 - Xustificación certificación de gastos e publicidade

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
As entidades beneficiarias do ano anterior non terán que presentar os documentos (a) e (e) agás modificación nos datos ou solicitude do órgano instructor.
a) CIF entidade e DNI do representante.(*)
b) Modelo 1.- Solicitude.
c) Modelo 2.- Cada entidade deberá presentar o formulario que lle corresponda entre os numerados como:
• Modelo 2.1.- Entidades deportivas (agás Fútbol)
• Modelo 2.2.- Clubes de Futbol
d) Memoria explicativa das actividades para as que se solicita subvención.
e) Certificado bancario do número de conta onde desexan que se lles ingrese o importe da subvención.
f) Documentación xustificativa da utilización do galego na publicidade e nas relacións cos usuarios/as -no seu caso-.
g) Certificado onde conste o número de licenzas en vigor
Certificado emitido pola federación correspondente onde conste o número de licenzas en vigor que ten o club en cada categoría (o documento deberá ter data de 2026).
h) As entidades que compitan a nivel nacional e soliciten un importe de subvención superior a 8.000 euros
Deberán acreditar a súa participación no dito nivel dentro do período subvencionable (ano en curso), do seguinte xeito: 1º. Se xa se produciu a dita participación na data da solicitude, acreditarano ben mediante certificado federativo ou ben mediante algún outro documento que o probe inequívocamente. 2º. Se aínda non se produciu, presentarán memoria explicativa da súa previsión de participación, acompañada dos documentos dos que dispoñan que podan probar que efectivamente competirán no dito nivel. Neste caso, na xustificación da subvención deberán achegar os documentos referidos no parágrafo anterior.
i) Clubs de fútbol.- documento federativo co número de equipos, categorias e licenzas.
Ademais achegarán: certificado expedido pola Federación Galega de Fútbol no que conste o número de equipos e as categorías nas que están a competir na presente temporada, así como o número de licenzas en vigor en cada categoría.
  • Tramitación Online
    Seleccione como desexa identificarse:
    • Con Autofirma
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/