Quen o pode Presentar
As persoas empadroadas en Oleiros que teñan cumpridos os 65 anos no día da ruta.
Información Adicional
Medios de contacto
Prazos de presentación:
- Se as solicitudes recibidas superan as prazas, se realizará un sorteo aleatorio para a adxudicación de praza.
Información adicional:
- As rutas son de dificultade baixa e unha distancia entre 12 e 14 quilómetros.
- Para participar deben contar cunha preparación física e estado de saúde compatible co exercicio físico que teñen que realizar.
- As persoas con praza na actividade de sendeirismo deberán participar obrigatoriamente na ruta “Os nomes de Oleiros” e na xornada de formación que terá lugar o 14 de maio as 11:00 da mañá nas instalacións do teatro de As Torres de Santa Cruz.
- A ruta de sendeirismo “Camiños de Oleiros” por ser obrigatoria é gratuíta e non conta con lista de reserva.
- Os asentos dos buses non están numerados, en ningún momento se realizarán reservas.
- Os horarios de saída comunicaranse na reunión de formación .
Inscricións por localidade:
- Debe seleccionar o grupo da localidade coa que quere realizar a excursión e abrir a folla de inscrición correspondente para realizar a solicitude.
(seleccionando por orde de preferencia ata 3 excursións) :
- (As persoas que desexen inscribirse en excursións de diferentes localidades deberán facelo na solicitude correspondente a localidade seleccionada, e nunca superar un máximo de tres excursións)