Descripción
Convocatoria de subvencións a clubs deportivos de Oleiros, para a adquisición de equipamento deportivo no ano 2026
Finalidade
O obxecto desta convocatoria é o apoio ás entidades deportivas radicadas no Municipio, coa finalidade de que poidan adquirir e/ou renovar os equipamentos necesarios para as súas actividades de adestramento e competición. Deste xeito, o Concello facilitará que ditas entidades poidan mellorar as súas condicións de traballo a efectos de acadar os mellores resultados deportivos.
Quen o pode Presentar
Poderán ser beneficiarios das subvencións ao abeiro das presentes bases as entidades deportivas sen ánimo de lucro, que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas.
- Figurar inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros antes do 31/12/2025.
- Desenvolver as súas actividades dentro do término municipal de Oleiros.
- Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
- Ter domicilio social e fiscal en Oleiros.
- Estar ao corrente das súas obrigas coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello de Oleiros.
- Non ter pendente a xustificación dalgunha subvención anterior ou, no seu caso, ter reintegrado o importe non xustificado.
A ausencia dos requisitos sinalados nos parágrafos "f" e "g" será subsanable antes da concesión, previo requirimento ao efecto.
Información Adicional
Prazo para a solicitude
Será de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.