Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servizos xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Licenza de obra de demolición

Descripción
Licenzas de obras de demolición, salvo que se deriven de expedientes de reposición da legalidade; ordes de execución/ruina que sinalen como título habilitante suficiente a comunicación previa
Finalidade
Licenzas de obras de demolición, salvo que se deriven de expedientes de reposición da legalidade; ordes de execución/ruina que sinalen como título habilitante suficiente a comunicación previa
Quen o pode Presentar

A solicitude do/a promotor/a (propietario ou titular de dereito que lle outorgue a facultade de construir na parcela, segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación).

Órgano Xestor
Área de Urbanismo do Concello de Oleiros
Prazo de resolución
3 meses, segundo a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, artigo 143.1.

Fin da vía administrativa

A resolución de concesión/denegación da licencia pon fin á vía administrativa

Efecto do silencio Administrativo
Desestimatorio
  • O silencio administrativo ten carácter desestimatorio, posto que consonte á normativa vixente non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.
Recursos

Recursos

  • Contra a resolución de concesión/denegación da licencia, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dita, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
  • Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes

 

Emenda da documentación

  • De conformidade co apartado 1 do artigo 354 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia,  se a solicitude non reúne os requisitos esixidos, requirirase á persoa solicitante para que emende a falta ou presente os documentos preceptivos no prazo de dez días, con indicación de que, de non facelo, teráselle por desistida da súa petición, previa resolución que así o declare.
  • Declarado o desistimento da solicitude de licenza á que se refire o apartado anterior, ou no caso de declaración de caducidade da mesma, poderase solicitar nova licenza achegando de novo a documentación ou solicitando a incorporación ao expediente da documentación que figurase no que fose arquivado.
Normativa básica
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oleiros, aprobado definitivamente por Orde de 11 de decembro de 2014, da e Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas da Xunta de Galicia (BOP da Coruña núm. 29 de 12 de febreiro de 2015, DOG núm. 16 de 26 de xaneiro de 2015).
  • Ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos do Concello de Oleiros (BOP da Coruña núm. 199, de 19 de outubro de 2010 e Resolución 2430/2012, de 24 de maio, publicada no BOP núm. 107 da Coruña de data 7 de xuño de 2012)
Pago de taxas
  • Taxa de tramitación de expediente de licenza de obras (ha de abonarse con carácter previo á presentación da solicitude de inicio do expediente, podendo facerse a traves da sede electrónica do Concello de Oleiros, no apartado de autoliquidacións dos trámites tributarios, na taxa por licencia urbanística)
  • ICIO (no prazo dun mes dende a concesión da licencia de obra)
Información Adicional

Trámites relacionados

  • Solicitude autorización Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) de servidumes aeronáuticas.
  • Licenza de obras para a construción de muros de contención.
  • Licenza de obra para a construción de peches frontais (con cesión)
  • Licenza de obra para a construción de piscinas
  • Licenza de obra nova, ampliación e rehabilitación
  • Licenza de obra para movementos de terra
  • Licenza de obras e usos provisionais
  • Licenza de obras para reformas sen afección a parámetros urbanísticos pero con afeccións a elementos estruturais, condicións de habitabilidade e cambios de uso
Documentación relacionada
Instancia

Instancia Distinta a Obra Nova, Ampliación e Rehabilitación

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
Documentación
Solicitude
Solicitude en modelo normalizado
Acreditación da representación
Proxecto técnico
Proxecto técnico que conteña a documentación sinalada na ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos do Concello de Oleiros (BOP da Coruña núm. 199, de 19 de outubro de 2010 e Resolución 2430/2012, de 24 de maio, publicada no BOP núm. 107 da Coruña de data 7 de xuño de 2012), incluíndo tódolos apartados e anexos xustificativos do cumprimento da normativa urbanística e condicións de habitabilidade, seguridade e salubridade. O documento ha de ser asinado por técnico/a competente segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e visado polo correspondente Colexio Profesional. É imprescindible a presentación dunha copia en formato dixital visada (pódese achegar en CD, pendrive, ligazón de descarga…), cunha declaración xurada de que o documento dixital presentado e a documentación presentada en papel -de ser o caso- son idénticas.
Estudo dos valores protexidos
Os proxectos de demolición que se presenten no ámbito de inmobles catalogados levarán incorporado ademais un estudo dos valores protexidos e, no seu caso, proposta de medidas que garantan o seu mantemento durante a execución das obras e a situación detallada do estado en que quedarán á súa finalización
Estudo de xestión de residuos
Estudo de xestión de residuos procedentes da demolición (art.4 R.D. 105/2008 de 1-2-08), con independencia das obrigas que competen ao produtor de ditos residuos sobre a notificación á Consellería de Medio Ambiente e inscrición no rexistro de dita administración, de proceder rstas segundo os artigos 5, 25 e 26 do Decreto 174/2005 de 9 de xuño
Declaración xurada de situación de parcela
Cuestionario estatítistico
Nomeamento do/a técnico/a de dirección de obras, visado adecuado
Nomeamento do/a técnico/a de dirección de obras, visado adecuado a cada caso segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación
Nomeamento do/a coordinador/a visado adecuado
Nomeamento do/a coordinador/a visado adecuado en cada caso segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación
Descrición fotográfica
Unha descrición fotográfica en cor do edificio no seu conxunto e dos elementos máis característicos, e grafiando nos planos a situación do edificio a demoler e describindo as medidas de protección para os edificios lindeiros e para a vía pública
Póliza de responsabilidade civil
No seu caso, póliza de responsabilidade civil que cubra os posibles desperfectos e danos a bens públicos e privados que poidan ocasionarse con motivo da demolición
Resgardo de abono das taxas administrativas
Resgardo de abono das taxas administrativa de tramitación de expediente de licenza de obras
  • Tramitación Online
    Seleccione como desexa identificarse:
    • Con Autofirma
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/