Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servizos xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Solicitude fogueiras San Xoan

Descripción
Solicitud de autorización para realizar unha fogueira na noite de San Xoan
Prazos de Presentación
06/06/2025 08:00:00 - 20/06/2025 23:59:00
Efecto do silencio Administrativo
Non procede
Información Adicional
NORMAS BÁSICAS PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOAN EN ESPAZOS PÚBLICOS E DE SEGURIDADE EN XERALL

A Área de Seguridade Cidadá do Concello de Oleiros establece as seguintes normas básicas e de seguridade para solicitar e celebrar as fogueiras de San Xoán:
  • As persoas solicitantes atenderán as indicacións e requirimentos da Policía Local, Garda Civil e do Servizo de Emerxencias e Protección Civil, que poderán supervisar o lugar da fogueira previamente á súa celebración ou ben mentres esta teña lugar.

  • As persoas solicitantes deberán coidar os arredores da fogueira e coñecer o número de emerxencias 112. Previamente ao inicio da fogueira comprobaranse as medidas de prevención axeitadas (mangueira, depósito de auga, extintores,...).

  • O desenvolvemento das fogueiras deberá axustarse ao permiso concedido, ás ordenanzas municipais e á lexislación vixente.

  • O volume máximo das fogueiras será o seguinte:
    •  En zonas urbanas, o volume da fogueira non excederá os 5 metros de perímetro, nin un metro de altura e separarase dos edificios, árbores e mobiliario público o suficiente para non causar danos.

    • En zonas rurais, o volume da fogueira non excederá os 3 metros de perímetro nin os 3 metros de altura e separarase das edificacións, árbores e mobiliario público o suficiente para non causar danos. Previamente ao seu inicio, farase una devasa mediante a eliminación da totalidade do material combustible nunha franxa de polo menos 5 metros, rodeando o perímetro da fogueira.

  • Porase especial coidado de non situalas debaixo dos tendidos eléctricos, telefónicos ou outros, nin tampouco se fará preto de locais onde existan produtos inflamables.

  • Non se poderán queimar plásticos, gomas ou calquera outra substancia que ao arder desprenda fume tóxico. En ningún caso se botarán ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión, aínda que estes estean baleiros.

  • Ao finalizar a fogueira e antes de abandonar o lugar, as persoas responsables encargaranse de que a fogueira quede completamente apagada. Será obrigatorio limpar o espazo da fogueira ao rematar a actividade, deixando o espazo na súa situación previa ao inicio da fogueira, depositando o lixo nos contedores correspondentes. O solicitante e os participantes serán responsables solidariamente da limpeza e reparación dos danos que se causen.

  • Nas praias, as fogueiras colocaranse en liña, afastadas do mobiliario e, en ningún caso se permitirá acceder a eles con ningún tipo de mobiliario (cadeiras, sofás, etc.).

  • Nas praias soamente se permitirá facer as fogueiras coa madeira facilitada polo Concello de Oleiros, que estará disposta nos accesos das praias nas que se permite facer fogueiras. Non se permite a reserva de espazo ou a parcelación.

    As únicas praias permitidas para facer fogueiras son: Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz e Mera. No resto de praias e calas non estará permitido facer fogueiras para facilitar o servizo de limpeza. En calquera caso, nas praias, as fogueiras non se poderán instalar antes das 20:00 horas e rematarán, todo máis tardar, ás 4:00 horas.

    Nas praias non se poderá acceder con envases de vidro.

  • EN TODOS OS LUGARES PÚBLICOS AUTORIZADOS A ACTIVIDADE CESARÁ ÁS 4:00 H.
Documentación relacionada
Solicitude fogueiras de San Xoán

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
Documentación requerida
Solicitude en modelo normalizado
Solicitud en modelo normalizado
DNI da persoa responsable
Plano de situación
Plano de situación do lugar no que se vai a realizar a fogueira
A solicitude está fora de prazo
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/