Coa posta en marcha do Campo de Golf de Xaz, o Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para elo, e gracias a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, crease a Escola Municipal de Golf.
Esta escola deportiva ten por obxectivo iniciar aos nosos escolares no deporte do golf ao tempo que se inculcan valores propios da disciplina en particular e do deporte en xeral.
Os contidos básicos a impartir tratarán en primeiro lugar as regras as básicas do golf, tanto as propias do xogo como as denominadas de “etiqueta” (comportamento e conductas a ter en conta). En segundo lugar contidos técnicos relacionados co denominado xogo corto e xogo longo (Approach, Putt, Drive, Ferros, Golpes a green). E en terceiro lugar aspectos como a visualización do golpe, entendido como o proceso de imaxinar o voo da bola antes de golpear, e a propiocepción e o control postural, fundamental para conseguir movementos coordinados no golpeo.
Como todo proceso de iniciación deportiva a metodoloxía caracterizarase pola utilización do xogo como unha ferramenta esencial do proceso de aprendizaxe, que deberá ser adaptado ás diferentes idades ás que irá dirixida a escola.
Horarios dispoñibles:
- Luns 16:30 a 17:15 horas
- Luns 17:15 a 18:00 horas
- Martes de 16:30 a 17:15 horas
- Martes de 17:15 a 18:00 horas
- Mércores 16:30 a 17:15 horas
- Mércores 17:15 a 18:00 horas
- Xoves de 16:30 a 17:15 horas
- Xoves de 17:15 a 18:00 horas
Elección de horarios
A persoa solicitante poderá seleccionar un máximo de dous grupos, indicando a súa primeira e segunda preferencia.
A selección dun segundo grupo ten carácter de alternativa e non supón a solicitude de dúas prazas. A cada solicitante adxudicaráselle, como máximo, un único grupo, de acordo coa orde de preferencia manifestada e coa dispoñibilidade de prazas
O Concello de Oleiros aportará o material necesario para a actividade.