Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servicios xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Convocatoria do concurso de disfraces do entroido

Descripción
Inscrición na convocatoria do concurso de disfraces do entroido
Finalidade

É obxecto desta convocatoria premiar aos mellores disfraces individuais, de parellas ou grupais que se presenten ao concurso, que se celebrará o venres 7 de marzo de 2025  no Pavillón Municipal Arsenio Iglesias, de Santa Cruz.

Quen o pode Presentar
  • Na modalidade individual poderá participar calquera persoa que teña cumpridos 18 anos ou ben 16 anos, con autorización asinada de pai/nai/titor.
  • Na modalidade de parella permitirase a participación de persoas menores de 18 anos, sempre e cando o outro membro teña como mínimo 18 anos.
  • Na modalidade de grupo permitirase a participación de persoas maiores de 16 anos, sempre e cando o representante do grupo teña como mínimo 18 anos. No caso de participación de menores de 16 anos non poderán supoñer máis do 50% do total do grupo.
  • As idades sinaladas anteriormente deberán estar cumpridas no intre da inscrición.  A efectos de comprobación deste requisito, deberá achegarse xunto coa inscrición o DNI da persoa solicitante.
  • Poderase participar nunha das seguintes categorías:
    • “INDIVIDUAL-PARELLAS” (1 ou 2 persoas).
    • “GRUPOS” (entre 3 e 25 persoas).
  • Deberá elixirse só unha das categorías, de xeito que un mesmo disfrace non poderá participar en máis dunha categoría. De detectarse esta situación eliminarase da categoría individual.
En caso de que ao cubrir o formulario se marcase a categoría equivocada, se lle atribuirá de oficio a que lle corresponda.
Prazos de Presentación
18/02/2025 00:00:00 - 05/03/2025 14:00:00
Órgano Xestor
Concello de Oleiros
Efecto do silencio Administrativo
Non procede
Información Adicional

Medios de Contacto

  • 981 610 000 – ext. 4916-4915

  • cultura@oleiros.org

Prazos de presentación

As inscricións deberán presentarse co formulario de solicitude adxunto (ver a Documentación relacionada)

  • A través da Sede Electrónica Municipal 
  • Presencialmente no Rexistro sito no Edificio a Fábrica, Rúa do Inglés, 13. 15172-Perillo, Oleiros, de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas.

O prazo de presentación iniciarase o día seguinte á publicación do anuncio desta convocatoria no BOP e rematará o 5 de marzo de 2025,  ás 14:00 horas.


Inscripcións:

  • Na modalidade Individual/parellas só poderá presentarse unha solicitude por participante (sexa persoa ou parella). No caso de que un/ha solicitante presente varias inscricións nesta categoría, darase por válida a última presentada.
  • En todas as categorías, será obrigatorio que a persoa que figure na solicitude de participación no concurso tome parte no mesmo, considerándose representante dos participantes a todos os efectos.
  • En caso de que o grupo participante sexa unha ENTIDADE VECIÑAL, SOCIAL OU CULTURAL, deberán constar os datos do representante legal xunto cos da propia entidade.
  • En función da orde de inscrición asignaráselles aos solicitantes un número de dorsal.

    O dorsal deberá ser recollido polo solicitante:

    • Na conserxería do edificio A Fábrica, sito en Rúa do Inglés, 13. 15172-Perillo, Oleiros, o venres 7 de marzo en horario de 8.30 a 12.00 horas  
    • No Pavillón Municipal Arsenio Iglesias o venres 7 de marzo, entre as 16:30 e as 18:00


Características e limitacións dos disfraces:

  • Non se permitirá a participación no concurso nin o acceso ao recinto de ningún elemento ou estrutura como carrozas, vehículos, carromatos ou similares, tanto flexibles como ríxidas, que funcionen a motor ou con mecanismos similares.
  • As dimensións do disfrace que porte a persoa e as súas estruturas accesorias non deberán superar en ningún caso as seguintes medidas: 1,20 m  de ancho x 2,00 m de longo e 2,50 m de alto. Estas dimensións serán comprobadas pola organización antes do desfile. O seu incumprimento poderá invalidar a participación.
  • Non poderán utilizar ningunha substancia que poida ser inflamable ou perigosa.
  • O xurado resérvase o dereito de valorar a aceptación no concurso daqueles disfraces que xa participaran en edicións anteriores.

Poderán ser excluídos disfraces que pola súa temática ou elaboración podan resultar vexatorios ou discriminatorios, a criterio do órgano convocante.

Documentación relacionada
BASES CONVOCATORIA CONCURSO

BASES CONVOCATORIA CONCURSO ENTROIDO 2025

Formulario de inscrición

Formulario de inscrición no concurso de entroido

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
Documentos a aportar
Formulario de inscrición
Documento identificativo
Documentación complementaria
A solicitude está fora de prazo
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/