Desde o Concello de Oleiros, somos coñecedores das limitacións que ten a mocidade para acceder á práctica regular de actividade física organizada fora do eido federativo e competitivo. Con esta motivación nace o Programa Xuvenil de Actividade Física para a Saúde e que está composto polas seguintes actividades dirixidas:
Programa Base
CARDIO: Actividade cardiovascular orientada á mellora da resistencia aeróbica a través de actividades como o bike indoor, Bodybox ou Step.ZUMBA: Actividade aeróbica coregrafiada que usa como base músical ritmos latinoamericanos.BODY BOX: Actividade cardiovascular que mestura exercicio físico con artes marcíais e movementos a base de puños e patadas.ADESTRAMENTO en SUSPENSIÓN: Acondicionamento físico en base ao traballo da forza e resistencia muscular, utilizando exercicios de autocarga en suspensión (TRX).CROSS GYM: Sistema de adestramento que mellora todas as cualidades físicas básicas (forza, resistencia cardiovascular, velocidade, flexibilidade, potencia, resistencia á forza, equilibrio, coordinación, etc.). É un sistema baseado en levantamentos de cargas, exercicios ximnásticos e acondicionamento cardiovascular.
Programa Avanzado
FITNESS XUVENIL: Programa de iniciación ao adestramento en sala fitnes dirixido exclusivamente a rapaces e rapazas entre 2007/2006. Poderán acceder a él os rapaces e rapazas que teñan unhas destrezas e nivel físico básico suficiente a xuízo dos responsables do programa. O programa estrutúrase en 3 partes.
981 610 000 - ext. 4908 - 4909
deportes@oleiros.org