Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servizos xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Licenzas para obra sen afección a parámetros urbanísticos pero con afeccións a elementos estruturais, condicións de habitabilidade e cambios de uso

Descripción
Licenzas de obras en inmobles (edificacións, vivendas, locais) distintas das de obra nova, rehabilitación integral e ampliación, sen afección a parámetros urbanísticos pero con afeccións a elementos estruturais, modificacións composición xeral de fachadas, condicións de habitabilidade ou se trate de actuación que requiran de proxecto técnico segundo a normativa xeral de ordenación da edificación. Inclúe cambios cuberta con afección a elementos da estrutura.
Finalidade
Licenzas de obras en inmobles (edificacións, vivendas, locais) distintas das de obra nova, rehabilitación integral e ampliación, sen afección a parámetros urbanísticos pero con afeccións a elementos estruturais, modificacións composición xeral de fachadas, condicións de habitabilidade ou se trate de actuación que requiran de proxecto técnico segundo a normativa xeral de ordenación da edificación. Inclúe cambios cuberta con afección a elementos da estrutura.
Quen o pode Presentar

A solicitude do/a promotor/a (propietario ou titular de dereito que lle outorgue a facultade de construir na parcela, segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación).

Órgano Xestor
Área de Urbanismo do Concello de Oleiros
Prazo de resolución

3 Meses, segundo a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, artigo 143.1


Fin da vía administrativa

A resolución de concesión/denegación da licencia pon fin á vía administrativa

Efecto do silencio Administrativo
Desestimatorio
  • O silencio administrativo ten carácter desestimatorio, posto que consonte á normativa vixente non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.
Recursos

Recursos

  • Contra a resolución de concesión/denegación da licencia, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dita, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
  • Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes

 

Emenda da documentación

  • De conformidade co apartado 1 do artigo 354 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia,  se a solicitude non reúne os requisitos esixidos, requirirase á persoa solicitante para que emende a falta ou presente os documentos preceptivos no prazo de dez días, con indicación de que, de non facelo, teráselle por desistida da súa petición, previa resolución que así o declare.
  • Declarado o desistimento da solicitude de licenza á que se refire o apartado anterior, ou no caso de declaración de caducidade da mesma, poderase solicitar nova licenza achegando de novo a documentación ou solicitando a incorporación ao expediente da documentación que figurase no que fose arquivado.
Normativa básica
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oleiros, aprobado definitivamente por Orde de 11 de decembro de 2014, da e Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas da Xunta de Galicia (BOP da Coruña núm. 29 de 12 de febreiro de 2015, DOG núm. 16 de 26 de xaneiro de 2015).
  • Ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos do Concello de Oleiros (BOP da Coruña núm. 199, de 19 de outubro de 2010 e Resolución 2430/2012, de 24 de maio, publicada no BOP núm. 107 da Coruña de data 7 de xuño de 2012)
Pago de taxas
  • Taxa de tramitación de expediente de licenza de obras (ha de abonarse con carácter previo á presentación da solicitude de inicio do expediente, podendo facerse a traves da sede electrónica do Concello de Oleiros, no apartado de autoliquidacións dos trámites tributarios, na taxa por licencia urbanística)
  • ICIO (no prazo dun mes dende a concesión da licencia)
Información Adicional

Trámites relacionados

  • Solicitude autorización Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) de servidumes aeronáuticas.
  • Licenza de obras para a construción de muros de contención.
  • Licenza de obra para a construción de peches frontais (con cesión)
  • Licenza de obra para a construción de piscinas
  • Licenza de obras para demolicións
  • Licenza de obra para movementos de terra
  • Licenza de obras e usos provisionais
  • Licenza de obra nova, ampliación e rehabilitación
Documentación relacionada
Instancia

Instancia Distinta a Obra Nova, Ampliación e Rehabilitación

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
A. Para a admisión da solicitude de outorgamento de licenza deberanse presentar os documentos que se relacionan a continuación
Solicitude
Solicitude en modelo normalizado
Acreditación da representación
Proxecto técnico.
Proxecto técnico asinado por técnico/a competente segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e visado polo correspondente Colexio Profesional. É imprescindible a presentación dunha copia en formato dixital visada (pódese achegar en CD, pendrive, ligazón de descarga…), cunha declaración xurada de que o documento dixital presentado e a documentación presentada en papel -de ser o caso- son idénticas.
Declaración xurada de situación de parcela
Nomeamento do/a técnico/a de dirección de obras, visado adecuado a cada caso
Nomeamento do/a técnico/a de dirección de obras, visado adecuado a cada caso segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación
Nomeamento do/a coordinador/a visado adecuado en cada caso
Nomeamento do/a coordinador/a visado adecuado en cada caso segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación
Reportaxe fotográfico do estado anterior ás obras
Reportaxe fotográfico do estado anterior ás obras no caso de obras no exterior do inmoble (cambio da cuberta, modificación da composición xeral da fachada…)
Autorización da comunidade de propietarios
Autorización da comunidade de propietarios no caso de edificios en réxime de propiedade horizontal
Resgardo de abono das taxas administrativas
Resgardo de abono das taxas administrativas de tramitación de expediente de licenza de obras
Autorizacións ou informes sectoriais por razón de protección de dominio público
Tódalas actuacións que precisen dalgunha autorización ou informe sectorial por razón de protección de dominio público (costas, augas, estradas, etc) conforme á normativa sectoral e de forma previa á licenza, deberá xuntar a mesma ou ben xustificar a súa solicitude, non podéndose formular proposta de resolución nin resolución de concesión ata que conste a autorización ou informe
B. No caso de inmobles catalogados de protección integral, achegarase, ademáis da documentación indicada no apartado A, a seguinte:
Descrición do marco referencial de orixe do edificio
Descrición do marco referencial de orixe do edificio: propiedade que ordenou a construción, autores do proxecto e obra, uso orixinal ao que se destinou e variacións de uso e de propiedade, etc
Evolución do edificio e da contorna inmediata que poida xustificar as solucións adoptadas
Levantamento a escala 1/100
Levantamento a escala 1/100 do edificio na súa situación actual (plantas, alzados exteriores e seccións etc...) e das edificacións auxiliares e complementarias, así como as ampliacións de escala necesarias de detalles característicos. Levantamento da parcela na que se enclava, a escala non menor de 1/500 interiores, indicando a situación relativa dos edificios principais e auxiliares e especificando os cultivos, arboredo, xardinería, etc.
Descrición fotográfica do edificio e da montaxe das solucións adoptadas tanto das propias edificacións como da xardinería, etc
Memoria xustificativa da oportunidade da obras a realizar
Memoria xustificativa da oportunidade da obras a realizar, así como dos efectos sobre os usos e usuarios actuais, e sobre os elementos obxecto de protección. Proxecto detallado das obras que se van a realizar especificando con claridade as zonas e elementos afectados
Plano da situación en relación ao edificio que hai que protexer
Incidencia na contorna da obra ou actividade para a que se solicita licenza así como memoria xustificativa da non alteración das condicións ambientais e paisaxísticas do ben cultural protexido
Incidencia na contorna da obra ou actividade para a que se solicita licenza así como memoria xustificativa da non alteración das condicións ambientais e paisaxísticas do ben cultural protexido (no caso de edificacións incluirá relación detallada de materiais a empregar e da solución formal adoptada
C. No caso de inmobles catalogados de protección non integral, achegarase, ademáis da documentación indicada no apartado A, a seguinte
Descrición fotográfica pormenorizada do estado actual do edificio ou do conxunto e dos seus elementos máis característicos
Alzado fotográfico do tramo de vía no que estea situado o edificio.
Proxecto detallado das obras que hai que realizar (Obrigatorio)
Proxecto detallado das obras que hai que realizar especificando con claridade as zonas e elementos afectados e a súa integración arquitectónica co edificio que se protexe
Levantamento topográfico da parcela na que se sitúa a edificación a escala non menor de 1/500
Levantamento topográfico da parcela na que se sitúa a edificación a escala non menor de 1/500 indicando a situación relativa dos edificios principal e auxiliares e especificando os cultivo
  • Tramitación Online
    Seleccione como desexa identificarse:
    • Con Autofirma
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/