Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servizos xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Licenza de obra para movementos de terra

Descripción
Licenzas de obras de movementos de terra (explanacións, recheos, acopio temporal de terras...). Nos se consideran os movementos superficiais das terras para actuacións vinculadas coa explotación agraria.
Finalidade
Licenzas de obras de movementos de terra (explanacións, recheos, acopio temporal de terras...). Nos se consideran os movementos superficiais das terras para actuacións vinculadas coa explotación agraria.
Quen o pode Presentar
A solicitude do/a promotor/a (propietario ou titular de dereito que lle outorgue a facultade de construir na parcela, segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación).
Órgano Xestor
Área de Urbanismo do Concello de Oleiros
Prazo de resolución

3 meses, segundo a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, artigo 143.1.

Fin da vía administrativa

A resolución de concesión/denegación da licencia pon fin á vía administrativa

Efecto do silencio Administrativo
Desestimatorio
  • O silencio administrativo ten carácter desestimatorio, posto que consonte á normativa vixente non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.
Recursos

Recursos

  • Contra a resolución de concesión/denegación da licencia, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dita, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
  • Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

 

Emenda da documentación

  • De conformidade co apartado 1 do artigo 354 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia,  se a solicitude non reúne os requisitos esixidos, requirirase á persoa solicitante para que emende a falta ou presente os documentos preceptivos no prazo de dez días, con indicación de que, de non facelo, teráselle por desistida da súa petición, previa resolución que así o declare.
  • Declarado o desistimento da solicitude de licenza á que se refire o apartado anterior, ou no caso de declaración de caducidade da mesma, poderase solicitar nova licenza achegando de novo a documentación ou solicitando a incorporación ao expediente da documentación que figurase no que fose arquivado.
Normativa básica
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oleiros, aprobado definitivamente por Orde de 11 de decembro de 2014, da e Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas da Xunta de Galicia (BOP da Coruña núm. 29 de 12 de febreiro de 2015, DOG núm. 16 de 26 de xaneiro de 2015).
  • Ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos do Concello de Oleiros (BOP da Coruña núm. 199, de 19 de outubro de 2010 e Resolución 2430/2012, de 24 de maio, publicada no BOP núm. 107 da Coruña de data 7 de xuño de 2012)
Pago de taxas
  • Taxa de tramitación de expediente de licenza de obras (ha de abonarse con carácter previo á presentación da solicitude de inicio do expediente, podendo facerse a traves da sede electrónica do Concello de Oleiros, no apartado de autoliquidacións dos trámites tributarios, na taxa por licencia urbanística)
  • ICIO (no prazo dun mes dende a concesión da licencia de obra)
Información Adicional

Trámites relacionados

  • Solicitude autorización Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) de servidumes aeronáuticas.
  • Licenza de obras para a construción de muros de contención.
  • Licenza de obra para a construción de peches frontais (con cesión)
  • Licenza de obra para a construción de piscinas
  • Licenza de obras para demolicións
  • Licenza de obra nova, ampliación e rehabilitación
  • Licenza de obras e usos provisionais
  • Licenza de obras para reformas sen afección a parámetros urbanísticos pero con afeccións a elementos estruturais, condicións de habitabilidade e cambios de uso
Documentación relacionada
Instancia

Instancia Distinta a Obra Nova, Ampliación e Rehabilitación

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
Documentación requerida
Solicitude
Solicitude en modelo normalizado
Acreditación da representación
Declaración xurada de situación de parcela
Resgardo de abono das taxas administrativas
Resgardo de abono das taxas administrativas de tramitación de expediente de licenza de obras
Autorización ou informe sectorial por razón de protección de dominio público
Tódalas actuacións que precisen dalgunha autorización ou informe sectorial por razón de protección de dominio público (costas, augas, estradas, etc) conforme á normativa sectoral e de forma previa á licenza, deberá xuntar a mesma ou ben xustificar a súa solicitude, non podéndose formular proposta de resolución nin resolución de concesión ata que conste a autorización ou informe.
Movementos de terra, obras de desmonte e explanación
Proxecto técnico ou memoria asinado por técnico/a competente (Obrigatorio)
Proxecto técnico asinado por técnico/a competente segundo a a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, e visado polo correspondente Colexio Profesional. É imprescindible a presentación dunha copia en formato dixital visada (pódese achegar en CD, pendrive, ligazón de descarga…), cunha declaración xurada de que o documento dixital presentado e a documentación presentada en papel -de ser o caso- son idénticas. Ha de constar:
  • Plano de emprazamento referido á planimetría do PXOM
  • Plano topográfico do estado actual, escala non menor a 1:1000 (cotas de altimetría, edificacións, arboredo existente, cursos fluviais, escorrentías e a posición en planta e altura das fincas ou construcións veciñas que poidan ser afectadas).
  • Plano topográfico do estado reformado escala non menor a 1:1000 (cotas de altimetría, edificacións, arboredo existente, cursos fluviais, escorrentías e a posición en planta e altura das fincas ou construcións veciñas que poidan ser afectadas).
  • Plano de aliñacións oficiais, de habelas e perfís necesarios para apreciar o volume e efectos sobre o medio ambiente, vías públicas e propiedades colindantes, tanto o estado inicial como reformado.
  • Memoria técnica complementaria, referida á documentación dos apartados anteriores
Nomeamento do/a técnico/a de dirección de obras, visado adecuado a cada caso
Nomeamento do/a técnico/a de dirección de obras, visado adecuado a cada caso segundo a a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación.
Nomeamento do/a coordinador/a visado adecuado en cada caso
Nomeamento do/a coordinador/a visado adecuado en cada caso segundo a a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación.
Especificación detallada da natureza e tipo de verquidos e materias que se pretenden verter e autorizacións e informes sectoriais
Especificación detallada de natureza e tipo de verquidos e materiais que se pretenden verter, e autorización e informes sectoriais que sexan necesarios (verquidos e depósitos de terras)
Extracción de áridos e explotación de canteiras
Proxecto técnico ou memoria asinado por técnico/a competente (Obrigatorio)
Proxecto técnico ou memoria asinado por técnico/a competente segundo a a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e visado polo correspondente Colexio Profesional. É imprescindible a presentación dunha copia en formato dixital visada (pódese achegar en CD, pendrive, ligazón de descarga…), cunha declaración xurada de que o documento dixital presentado e a documentación presentada en papel -de ser o caso- son idénticas. O proxecto ha de ser conforme ás estipulacións do artigo 17 do PXOM ou, en todo caso, presentarase memoria que, coa documentación e planos explicativos, comprenderá cando menos:
  • Situación e descrición detallada do terreo sobre o que se pretende actuar.
  • Memoria sobre o alcance das actividades que se pretenden desenvolver, con mención especifica dos desmontes ou nivelacións previstas, da duración estimada da explotación.
  • Indicación do volume de terra e roca a remover e/ou áridos a extraer.
  • Conxunto fotográfico da situación dos terreos.
  • Mención especifica das precaucións adoptadas para non afectar á conformación da paisaxe.
  • Descrición das operacións de excavación ou desmonte sobre plano 1:2000. cos perfis en que se sinalen os traballos a realizar. Con igualdetalle deben expoñer o estado en que quedará o terreo unha vez efectuados os movementos de terras, e as operacións que o promotor se compromete a realizar para reintegrar os solos afectados a seu contorno e paisaxe.
  • Incidencia no medio ambiente e medidas correctoras ou reparadoras.
  • Informes doutras administracións sectoriais.
  • Situación final dos terreos.
  • Aval para garantir a reposición dos terreos.
  • Título de propiedade dos terreos ou no seu caso o correspondente permiso do propietario.
  • No suposto de destrución de arborado, compromiso de repoboación de conformidade ao previsto no Art. 17 PXOM
  • Tramitación Online
    Seleccione como desexa identificarse:
    • Con Autofirma
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/