Descripción
O programa de verán abrangue un conxunto de actividades organizadas polos servizos de Cultura, Deportes, Educación e Xuventude para o tempo de lecer.
- A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org, no catálogo de trámites da sede electrónica (non é necesario estar rexistrado/a). Buscar actividades de verán no buscador.
- Admitirase unha única solicitude por participante (a nome e cos datos do neno ou nena interesado/a) e nela poderán marcarse ata un máximo de 3 actividades, indicando a orde de preferencia. Na sede electrónica a orde de preferncia virá determinada pola orde de Inscrición.
- A efectos de adxudicación das prazas, darase a mesma consideración que ás persoas empadroadas ás menores de idade que ainda non constando como veciñas, se atopen nas seguintes situacións, que deberán ser debidamente acreditadas:
- Os/as menores que vivan en réxime de acollida no Lar A Mercé.
- Os/as menores que se atopen en situación de acollemento familiar en familias empadroadas en Oleiros.
- Os/as menores non empadroados cando un dos proxenitores si o estea.
Presentación
CALENDARIO DE INSCRICIÓNS
- Do 6 ao 12 de maio: preinscrición telemática na sede electrónica. So persoas empadroadas e un máximo de 3 actividades.
- Do 14 ao 18 de maio: publicación de listas de preinscricións e presetación de reclamacións a través do enderezo electrónico afabrica@oleiros.org.
- 19 de maio ás 14.00 horas sorteo público no CC A Fábrica
- 20 de maio: Publicación das listas de solicitudes admitidas.
- Do 25 ao 29 de maio: pagamento e e envio de xustificantes (cando sexa necesario).
- Do 04 ao 08 de xuño: Xestión de listas de agarda, pagamento e entrega de documentación
- Do 12 ao 16 de xuño: Publicación de vacantes e inscrición libre para persoas empadroadas e non empadroadas, tendo preferencia de adxudicación as empadroadas.
Información Adicional
- No caso de que o número de solicitantes dunha actividade sexa inferior ao de prazas convocadas, a adxudicación será directa e definitiva.
- Se houber máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público que se realizará no auditorio da Fábrica (rúa do Inglés 13, Perillo).
- Cando unha persoa resulte admitida nunha actividade e teña irmáns ou irmás solicitantes de praza na mesma actividade, e coa mesma orde de prioridade, estes últimos incorporaranse á lista de admitidos/as, sempre que o permitan as características propias de cada actividade.
- O sorteo efectuarase en función do número asignado a cada solicitude, determinando como admitidas as persoas que teñan o número que saia no sorteo e os sucesivos, ata encher o número de prazas da actividade.
- As listas de persoas admitidas serán publicadas na páxina web municipal. As solicitudes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores
- No caso de estar admitido/a nunha actividade e non ter interese en formalizar a inscrición deberase notificar á maior brevidade posible por correo electrónico enviado a afabrica@oleiros.org.
- Para adxudicar a praza será necesario realizar o pagamento da actividade, de acordo coas instrucións que se faciliten ás persoas admitidas mediante correo electrónico, no que se indicará o prazo estblecido para o pago.
- Así mesmo haberá que formalizar a inscrición nos formularios que poña a disposición o Concello no momento da admisión.
- As persoas que realicen o pagamento a través do enlace que se lles remite no correo elctrónico, non terán que remitir o xustificante do pagamento. Porén, as persoas que efectúen o pago a través de calquera entidade bancaria deberán necesariamente remitir o comprobante de pagamento a: afabrica@oleiros.org ou entregalo de forma presencial nas instalacións.
En caso de non presentar a documentación requerida en prazo, considerarase desistida da súa solicitude