PRAZO DO TRAMITE:
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no BOP da Coruña ata o 20 de agosto de 2026.
REQUISITOS:
1. Estar empadroados no Concello de Oleiros de xeito consecutivo durante os dous anos completos anteriores á data de publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
2. Que se dean as seguintes circunstancias, segundo o ámbito de competición de que se trate:
a) En Competicións internacionais
-
-
- Participar nalgunha das seguintes competicións:
-
-
-
- Fase final dun Campionato de Europa, Campionato do Mundo ou Xogos Olímpicos.
- Competicións denominadas doutro xeito, pero nas que se decida ou outorgue algún dos títulos seguintes: campión/oa de Europa ou do Mundo.
- Competicións puntuables nas que sexa imprescindible participar para obter o título de campión, sempre que dito título se outorgue como resultado da suma de puntos de cada proba.
-
-
- Non se subvencionarán as competicións previas clasificatorias.
- As disciplinas deportivas deben contar con federación deportiva galega, española e internacional.
- Ter sido seleccionado pola respectiva federación española ou galega para participar nas competicións devanditas.
b) En Competicións de ámbito estatal
-
-
- Participar nalgunha das seguintes competicións:
-
-
-
- Campionato España.
- Competicións oficiais denominadas doutro xeito, pero nas que se decida ou outorgue o título de campión/a de España.
-
-
- Que a disciplina deportiva conte con federación deportiva galega e española.
- Ter obtido algún dos tres primeiros postos.
- Ter como mínimo 16 anos cumpridos no intre de celebración da competición.
- Competir no máximo nivel deportivo da categoría que lle corresponda por idade ou ben das superiores.
- Que a competición teña a participación mínima seguinte:
- 10 deportistas ou equipos en categorías femininas ou mixtas.
- 15 deportistas ou equipos en categorías masculinas.
3. Atoparse ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ser debedor da Facenda Municipal.
4. Non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva firme na vía administrativa por infracción grave ou moi grave, nin sanción firme en materia de dopaxe, no momento da presentación da solicitude nin durante a tramitación da convocatoria.
MEDIOS DE CONTACTO:
981 610 000 – ext. 4906 – 4908 – 4909 -4918
deportes@oleiros.org