Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Imposto de Construccións, Instalacións e Obras
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos
    • Certificado débeda
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servizos xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Convocatoria de subvencións a entidades veciñais e organizadoras das festas patronais 2025

Descripción

Convocatoria de subvencións dirixidas ás entidades culturais, veciñais e organizadoras das festas patronais do Concello de Oleiros no ano 2026.

Finalidade
O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de actividades culturais e a organización de festas patroais, coa finalidade de fomentar un uso activo e creativo do ocio, e promover a difusión e a posta en valor de todas as manifestacións da cultura popular galega.

O Concello poderá excluír da concesión calquera actividade que considere que non serve ás finalidades sinaladas, así como as que promovan, faciliten ou permitan a discriminación de calquera tipo (étnica, social, sexual, ideolóxica, lingüística, etc.) ou sexan incompatibles cos valores de igualdade, libre desenvolvemento da personalidade, laicidade e protección ao medio ambiente.
Quen o pode Presentar

Poderán ser beneficiarias das subvencións ao abeiro das presentes bases  as entidades veciñais, culturais, xuvenís e outras entidades sen ánimo de lucro, así como as entidades organizadoras das festas patronais, que cumpran os seguintes requisitos:

 

a) Estar legalmente constituídas.

b) Figurar inscritas no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros antes do 31/12/2025.

c) Ter un número mínimo de trinta e cinco socios agás as entidades cuxa única finalidade sexa a organización das festas patronais.

d) Desenvolver as súas actividades dentro do término municipal de Oleiros.

e) Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.

f) Ter domicilio social e fiscal en Oleiros.

g) Estar ao corrente das súas obrigas coa AEAT, coa Seguridade Social e co Concello de Oleiros.

h) Non ter pendente a xustificación dalgunha subvención anterior ou, no seu caso, ter reintegrado o importe non xustificado.

i) O persoal ao que corresponda a realización de actividades cumprirá o requisito previsto no artigo 57  da Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

 

A ausencia dos requisitos sinalados nos parágrafos g) e h) será subsanable antes da concesión, previo requirimento ao efecto.

Prazos de Presentación
01/08/2025 00:00:00 - 22/08/2025 23:59:00
Presentación
Telemáticamente: na Sede Electrónica
Órgano Xestor
Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude.
Prazo de resolución
A resolución deberá adoptarse e notificarse no prazo de seis meses dende que rematara o prazo para a presentación das solicitudes.
Efecto do silencio Administrativo
Desestimatorio
Recursos

Contra a Resolución que aprobe a presente convocatoria, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor ante o órgano que a dite recurso potestativo de reposición, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ao da publicación da mesma, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sección do Contencioso-administrativo do Tribunal de Instancia de A Coruña, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdicción Contencioso-Administrativa.

Normativa básica
  • Convocatoria específica
  • Ordenanza reguladora das bases de subvencións do Concello de Oleiros
  • Lei 38/2003, do 16 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento de desenvolvemento.
  • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • Demais normas de dereito administrativo e no seu defecto aplicaranse as normas de dereito privado.
Información Adicional

Presentación:

  • O prazo para a solicitude será de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
  • As entidades que soliciten subvención para actividades e tamén para festas patronais, deberán presentar separadamente os anexos que correspondan a cada unha das modalidades.
  • Todos os formularios (anexos) que se adxunten, deben estar asinados dixitalmente polas persoas responsables.

 

Medios de Contacto

  • 981 610 000 – ext. 4911 - 4913
  • b.rey@oleiros.org
  • b.miron@oleiros.org
Documentación relacionada
Anexo 1. Solicitude

Anexo 2. Certificación da representación

Anexo 3.1. Proxecto das actividades

Anexo 3.2. Entidades organizadoras de festas patronais

Anexo 4.1. Xustificación-memoria

Anexo 4.2. Xustificación-certificación de ingresos

Anexo 4.3. Xustificación-certificación de gastos e acreditación da publicidade

Bases da convocatoria de subvencións a asociacións veciñais e entidades culturais sen ánimo de lucro

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
As entidades beneficiarias do ano anterior non terán que presentar os documentos (a) e (f) agás modificación nos datos ou solicitude do órgano instructor.
a) Fotocopia do CIF da entidade e DNI do representante.
b) Anexo 1 - Solicitude
c) Anexo 2.- Certificación de representación e nº de persoas socias.
d) Anexo 3.- Formulario Modelo 3.1 ou 3.2
Memoria-proxecto anual de actividades, na que incluirán todas as actividades levadas a cabo durante o ano en curso así como das previstas ata o 31/12/2026, independentemente de que soliciten subvención para elas ou non. Cada entidade deberá presentar o formulario que lle corresponda entre os numerados como 3.1 e 3.2.
e) Documentación xustificativa da utilización do galego na publicidade e nas relacións cos usuarios/as -no seu caso
f) Certificado bancario do número de conta onde desexan que se lles ingrese o importe da subvención
Outra información
A ter en conta:
As entidades que soliciten subvención para actividades e tamén para festas patronais, deberán presentar separadamente os anexos que correspondan a cada unha das modalidades. Os documentos sinalados nos apartados a) e f) non terán que presentalos as entidades que xa achegaran estes documentos por ter solicitado subvención no ano anterior, sempre que non houbese variación ningunha nos datos, agás que se lle solicite expresamente polo órgano instrutor. Todos os formularios (anexos) que se adxunten, deben estar asinados dixitalmente polas persoas responsables
A solicitude está fora de prazo
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/