Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Imposto de Construccións, Instalacións e Obras
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos e multas
    • Certificado débeda
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servizos xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Comunicación previa de obras

Descripción

Unha obra sometida a comunicación previa na Lei 2/2016, do solo de Galicia é aquela actuación urbanística que non require licenza previa, pero si que a persoa interesada comunique ao concello a súa realización antes de iniciala. En particular, considéranse sometidas a este réxime todas aquelas actuacións non incluídas no artigo 142.2 da LSG, isto é, aquelas que non están suxeitas a licenza urbanística.

Trátase dun título habilitante que permite iniciar as obras unha vez transcurran 15 días desde a súa presentación, sempre que se cumpra toda a normativa aplicable. A administración non autoriza previamente, senón que exerce un control posterior, podendo declarar a ineficacia da comunicación se a actuación non se axusta a dereito.

Finalidade

Comunicación previa de obras de conservación e mantemento, reformas menores sen afección habitabilidade e estrutura, peches laterais, posteriores e frontais sen cesión (urbanizacións, cesión efectuadas en parcelación ou con obras edificación).

Quen o pode Presentar

Promotor/a (propietario ou titular de dereito que lle outorgue a facultade de construir na parcela, segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación).

Órgano Xestor

Área de Urbanismo do Concello de Oleiros

Prazo de resolución

15 días hábiles, segundo a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, artigo 146.2.

Efecto do silencio Administrativo
Non procede

De acordo co artigo 146 LSG, cando se trate de actos suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, o promotor comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles á data en que pretenda comezar a súa execución.

Dentro dos quince días hábiles seguintes á comunicación, o concello, sen prexuízo da comprobación do cumprimento dos requisitos, poderá declarar completa a documentación presentada ou requirir a corrección das deficiencias que presentase a documentación, adoptando neste caso, motivadamente, as medidas provisionais que entenda oportunas para evitar toda alteración da realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, comunicándoas á persoa interesada por calquera medio que permita acreditar a súa recepción.

Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do chan e do subsolo suxeitos á mesma, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello respectivo.

Recursos

Non procede recurso contra a toma de coñecemento da comunicación previa.

Contra a declaración de ineficacia da comunicación previa, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dita, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Normativa básica
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oleiros, aprobado definitivamente por Orde de 11 de decembro de 2014, da e Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas da Xunta de Galicia (BOP da Coruña núm. 29 de 12 de febreiro de 2015, DOG núm. 16 de 26 de xaneiro de 2015).
  • Ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos do Concello de Oleiros (BOP da Coruña núm. 199, de 19 de outubro de 2010 e Resolución 2430/2012, de 24 de maio, publicada no BOP núm. 107 da Coruña de data 7 de xuño de 2012)
Pago de taxas
  • Abono das taxas administrativas de tramitación de expediente

  • Abono da liquidación provisional de Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras
Información Adicional

Emenda da documentación

De conformidade co apartado 1 do artigo 361.2 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia,  dentro dos quince días hábiles seguintes á comunicación, o concello, sen prexuízo da comprobación do cumprimento dos requisitos, poderá declarar completa a documentación presentada ou requirir a corrección das deficiencias que presentase a documentación, adoptando neste caso, motivadamente, as medidas provisionais que entenda oportunas para evitar toda alteración da realidade en contra da ordenación urbanística aplicable, comunicándoas á persoa interesada por calquera medio que permita acreditar a súa recepción (artigo 146.2 da LSG).

Unha vez declarada polo concello, no seu caso, completa a documentación presentada, o exercicio das facultades municipais de inspección e control sobre os actos de uso do chan ou do subsolo obxecto da comunicación previa presentada limitarase á comprobación do cumprimento dos requisitos materiais aos que estivesen sometidos pola lexislación e o plan urbanísticos.

Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do chan e do subsolo suxeitos á mesma, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello respectivo (artigo 146.2 da LSG).

 

Ligazóns relacionadas có tramite

  • Plan Básico Autonómico
Documentación relacionada
Instancia comunicación previa de obras

Renuncia Valor Exp. fóra de ordenación

Renuncia a incremento de valor expropiatorio para obras executadas en fóra de ordenación (art. 90 LSG).

Renuncia Valor Exp. usos provisionais

Renuncia a incremento de valor expropiatorio para obras provisionais (art. 89 LSG).

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
Documentación requerida
Solicitude
Solicitude en modelo normalizado.
Acreditación da representación
Acreditación da representación.
Abono das taxas de tramitación do expediente
Resgardo de abono das taxas administrativas, que deberán aboarse a través da sede electrónica, no apartado Trámites tributarios – Autoliquidacións – Taxa por licenza urbanística, decl. responsable.
abono da liquidación provisional do Imposto
Resgardo de abono da liquidación provisional de Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.
Plano de situación
Plano de situación.
Memoria, orzamento e fotografías
Memoria descritiva na que se expliquen as actuacións a levar a cabo, con orzamento desglosado e fotografías da situación inicial.
Autorización de la comunidad en caso de obras de prop. horizontal
Autorización da comunidade de propietarios no caso de obras en edificios de propiedade horizontal, cando resulte necesaria conforme á Lei de Propiedade Horizontal.
Informes/autorizacións sectoriais
Informes/autorizacións sectoriais (verificables no visor do Plan Básico Autonómico).
Renuncia o valor exp. e autorización de inscripción e escritura pública
Renuncia ao incremento do valor expropiatorio en caso de actuacións en obras provisionais e edificacións fóra de ordenación (arts. 89 e 90 LSG) e escritura pública rexistrada.
Outra documentación
Outra documentación.
  • Tramitación Online
    Seleccione como desexa identificarse:
    • Con Autofirma
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/