Portal Web
GAGAL ESES
Identificate

Sede electrónica

No hay subtitulo

  • Menu
Sede electrónica
✕
  • Os meus datos
    • Datos persoais
    • Datos do padrón
    • Anotacións de rexistro
    • Expedientes
    • Caixa de correos de documentos
  • Trámites tributarios
    • Recibos
    • Multas
    • Autoliquidacións
    • Obxectos tributarios
    • O meu Calendario fiscal
    • Pago de tributos
  • Publicacións Oficiais
    • Persoal e RRHH
    • Taboleiro de anuncios
    • Ordenanzas municipales
    • Perfil do contratante
    • Calendario fiscal
  • Servizos xerais
    • Catálogo de trámites
    • Rexistro electrónico
    • Catálogo de trámites urbanísticos
    • Queixas e suxestións
    • Oficinas de asistencia de registro
    • Validación de documentos
    • Sala de sinaturas

Licenza de obra nova, ampliación e rehabilitación

Descripción

Execución obra nova en parcela libre de edificación, ampliación edificación existente, rehabilitación integral de edificación existente

Finalidade
Execución obra nova en parcela libre de edificación, ampliación edificación existente, rehabilitación integral de edificación existente
Quen o pode Presentar
A solicitude do/a promotor/a (propietario ou titular de dereito que lle outorgue a facultade de construir na parcela, segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación).
Órgano Xestor

Área de Urbanismo do Concello de Oleiros

Prazo de resolución

3 meses, segundo a Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, artigo 143.1.

Fin da vía administrativa

A resolución de concesión/denegación da licencia pon fin á vía administrativa

Efecto do silencio Administrativo
Desestimatorio
  • O silencio administrativo ten carácter desestimatorio, posto que consonte á normativa vixente non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.
Recursos

Recursos

  • Contra a resolución de concesión/denegación da licencia, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dita, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
  • Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes


Emenda da documentación

  • De conformidade co apartado 1 do artigo 354 do Decreto 143/2016, de 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia,  se a solicitude non reúne os requisitos esixidos, requirirase á persoa solicitante para que emende a falta ou presente os documentos preceptivos no prazo de dez días, con indicación de que, de non facelo, teráselle por desistida da súa petición, previa resolución que así o declare.
  • Declarado o desistimento da solicitude de licenza á que se refire o apartado anterior, ou no caso de declaración de caducidade da mesma, poderase solicitar nova licenza achegando de novo a documentación ou solicitando a incorporación ao expediente da documentación que figurase no que fose arquivado.
Normativa básica
  • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Oleiros, aprobado definitivamente por Orde de 11 de decembro de 2014, da e Consellería de medio ambiente, territorio e infraestruturas da Xunta de Galicia (BOP da Coruña núm. 29 de 12 de febreiro de 2015, DOG núm. 16 de 26 de xaneiro de 2015).
  • Ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos do Concello de Oleiros (BOP da Coruña núm. 199, de 19 de outubro de 2010 e Resolución 2430/2012, de 24 de maio, publicada no BOP núm. 107 da Coruña de data 7 de xuño de 2012)
Pago de taxas
  • Taxa de tramitación de expediente de licenza de obras (ha de abonarse con carácter previo á presentación da solicitude de inicio do expediente, podendo facerse a traves da sede electrónica do Concello de Oleiros, no apartado de autoliquidacións dos trámites tributarios, na taxa por licencia urbanística)
  • ICIO (no prazo dun mes dende a concesión da licencia de obra aboarase a liquidación provisional, e coa tramitación da primeira ocupación, a liquidación definitiva)
Información Adicional

Ligazóns de Interese

  • Autoliquidacións - Pagamento de Taxas

Tramites relacionados

  • Solicitude autorización Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) de servidumes aeronáuticas.
  • Licenza de obras para a construción de muros de contención.
  • Licenza de obras para a construción de peches frontais (con cesión).
  • Licenza de obras para a construción de piscinas.
  • Licenza de obras para demolicións.
  • Licenza de obras para movementos de terra.
  • Licenza de obras e usos provisionais.
  • Licenza de obras para reformas sen afección a parámetros urbanísticos pero con afeccións a elementos estruturais, condicións de habitabilidade e cambios de uso.
Documentación relacionada
Compromiso Obras Urbanización

Declaración Xurada

Instancia Obra Nova, Ampliación e Rehabilitación

Nivel de identificación do solicitante
Alto:
Certificado dixital recoñecido e sinatura electrónica
Documentos a Presentar
Documentación requerida
Solicitude
Solicitude de licenza municipal de obras (obra nova, ampliación, rehabilitación)
Acreditación
Acreditación da representación
Proxecto técnico
Proxecto técnico que conteña a documentación sinalada no Anexo I da ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos do Concello de Oleiros (BOP da Coruña núm. 199, de 19 de outubro de 2010 e Resolución 2430/2012, de 24 de maio, publicada no BOP núm. 107 da Coruña de data 7 de xuño de 2012), incluíndo tódolos apartados e anexos xustificativos do cumprimento da normativa urbanística e condicións de habitabilidade, seguridade e salubridade.

 O documento ha de ser asinado por técnico/a competente segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación e visado polo correspondente Colexio Profesional.
 É imprescindible a presentación dunha copia en formato dixital visada (pódese achegar en CD, pendrive, ligazón de descarga…), cunha declaración xurada de que o documento dixital presentado e a documentación presentada en papel -de ser o caso- son idénticas.
 A presentación do proxecto realizarase nun único PDF, que contará cun índice de marcadores debidamente rotulado para facilitar a súa consulta.
 O proxecto ha de conter a documentación esixida pola normativa, incluíndo a que se detalla a continuación:
  • Levantamento topográfico da parcela con altimetría e curvas de nivel cada 50 cm.
  • Plano de saneamento: evacuación de pluviais e fecais mediante redes separativas.
  • Plano indicativo das pendentes da rampla de acceso de vehículos e representación do encontro desta coa vía pública. Dimensionamento das prazas de aparcadoiro.
  • Alzados completos ata acadar as fincas lindantes e vía pública, sinalando con trazo distinto:
    • A rasante natural do terreo e das fincas lindantes e vía pública.
    • A rasante definitiva de implantación proxectada para a edificación.
  • Tódalas rasantes do terreo proxectadas, cotas de implantación da edificación, niveis da edificación cornixas, alturas de fachada, cumios, etc. estarán referenciadas a altimetría do levantamento topográfico.
  • Estudo de seguridade e saúde ou estudo básico de seguridade e saúde. (Nos supostos non incluídos no art. 4.1 a) do R.D. 1627/1997)
  • Anexo control de calidade (obras con orzamento total de contratación - IVE engadido- que supere os 300.506,05€).
  • No suposto de edificación en solo urbano consolidado: anexo de obras de urbanización cando sexa preciso para que a parcela alcance a condición de soar coas determinacións establecidas no art. 6 da Ordenanza para a redacción de proxectos de urbanización, control das obras e recepción destas no Concello de Oleiros.
  • Memoria e planos específicos sobre o cumprimento das Normas do Hábitat Galego
  • Estudo de xestión de residuos procedentes da construción e demolición (art.4 R.D. 105/2008 de 1-2-08), con independencia das obrigas que competen ao produtor de ditos residuos sobre a notificación á Consellería de Medio Ambiente e inscrición no rexistro de dita administración, de proceder estas segundo os artigos 5, 25 e 26 do Decreto 174/2005 de 9 de xuño.
Compromiso de obras de urbanización
Declaración xurada de situación de parcela
Estudo xeotécnico
Nomeamento do/a técnico/a de dirección de obras, visado adecuado
Nomeamento do/a técnico/a de dirección de obras, visado adecuado a cada caso segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación
Nomeamento do/a técnico/a de dirección da execución das obras adecuado
Nomeamento do/a técnico/a de dirección da execución das obras adecuado en cada caso segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación
Nomeamento do/a coordinador/a visado adecuado
Nomeamento do/a coordinador/a visado adecuado en cada caso segundo a Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación
Folla de estatística de edificación e vivenda visada
Copia da escritura de propiedade rexistrada
Copia da escritura de propiedade rexistrada. No defecto do anterior, copia da escritura de propiedade sen rexistrar acompañada da copia da solicitude de rexistro
Proxecto técnico da infraestrutura común de telecomunicacións asinado
Proxecto técnico da infraestrutura común de telecomunicacións asinado polo enxeñeiro ou enxeñeiro técnico de telecomunicacións, nos supostos que sexa preciso segundo o art. 2 RD 1/98 e art. 3 RD 401/2003)
Resgardo de abono das taxas administrativas
Resgardo de abono das taxas administrativas:
  • De enganche á rede de augas (a xestionar coa entidade AquaOleiros, S.A. – 981 610 602)
  • De enganche a saneamento (alcantarillado) – pode realizarse autoliquidación e pagamento a través da sede.
  • De tramitación de expediente de licenza de obras - pode realizarse autoliquidación e pagamento a través da sede.
No suposto de edificación en solo rústico: presentación da autorización autonómica
Supostos de edificación simultánea á execución das obras de urbanización en solo urbano non consolidado
Supostos de edificación simultánea á execución das obras de urbanización en solo urbano non consolidado e solo urbanizable delimitado e sectorizado (con planeamento de desenvolvemento aprobado, proxecto de urbanización e equidistribución aprobados definitivamente), achegarase a documentación sinalada no artigo 84 da ordenanza municipal para redacción de proxectos de urbanización, control das obras e recepción destas no Concello de Oleiros.
Autorización autonómica no suposto de edificio catalogado ou afectado pola normativa sobre patrimonio cultural
Autorización autonómica no suposto de edificio catalogado ou afectado pola normativa sobre patrimonio cultural. Nas obras que afecten a ámbitos protexidos de interese arqueolóxico deberán ademais da documentación anteriormente sinalada, presentar un informe arqueolóxico de viabilidade.
Autorización de Costas para o suposto de edificacións en zona de servidume de Costas
Autorización de Costas para o suposto de edificacións en zona de servidume de Costas.
Autorización de Augas de Galicia no suposto de obras en zona de servidume
Autorización de Augas de Galicia no suposto de obras en zona de servidume.
Nos casos de obras maiores en edificacións existentes, documento que acredite á conexión ás redes de saneamento e abastecemento
Nos casos de obras maiores a acometer en edificacións existentes, que estean conectadas ás redes de saneamento e abastecemento de auga potable, o resgardo do abono da taxas por acometida, substituirase por documento que acredite á conexión (copia de póliza de aboamento e último recibo aboado).
Presolicitude autorización en materia de servidumes aeronáuticas, AESA
Presolicitude de autorización en materia de servidumes aeronáuticas, Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) https://sede.seguridadaerea.gob.es/sede-aesa/catalogo-de-procedimientos/solicitud-de-autorización-en-materia-de-servidumbres-aeronáuticas
  • Tramitación Online
    Seleccione como desexa identificarse:
    • Con Autofirma
  • Sobre a sede
    • Titularidade
    • Normativa
    • Calendario e cómputo de prazos
    • Data e hora oficiais
    • Relación de servizos electrónicos
  • Información de interese
    • Política de protección de datos
    • Certificados electrónicos
    • Sistemas de identificación
    • Interrupcións do servizo
    • Sistema de sinatura
    • Ligazóns de interese
  • Axuda
    • Preguntas frecuentes (FAQ)
    • Axuda da Sede
    • Aviso legal
  • Utilizabilidade
    • Inicio
    • Accesibilidade
    • Mapa do web
Concello de Oleiros
  • Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
  • 981 610 000
  • www.oleiros.org/