No caso de tratarse dunha obra que non requira proxecto visado, debe realizar previamente a simulación do imposto a través da seguinte ligazón.A base impoñible do imposto será o custo de execución material da obra. Non forman parte da base impoñible o IVE, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construción, instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, os gastos xerais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.