Descripción
Pinche AQUÍ para descargarse o "Programa ven e descubre 2026"
- Seleccione a ficha de inscrición correspondente ao grupo co que desexa realizar as excursións. Será nesta localidade onde deberá recoller o autobús.
- Introduza a continuación os datos de identificación do participante, no apartado "Datos del interesado".
- Deberá escoller como máximo catro actividades diferentes de “Excursionismo” e “Ollada das estrelas” e por orde de prioridade.
- Deberá seleccionar a parada de autobús.
- No caso de que desexe unir a súa solicitude coa de outra persoa deberá escribir no apartado “Vinculación con outras solicitudes” o número da solicitude da persoa coa que desexa vincularse.
Finalidade
O programa “Ven e Descubre” está dirixido as persoas maiores de 65 anos, empadroadas en Oleiros.
Consiste na realización de rutas encamiñadas o coñecemento do entorno.
O obxectivo e promover un envellecemento activo que favoreza unha vida plena das persoas maiores abordando de forma integral os aspectos físicos, sociais e emocionais.
| EXCURSIONISMO |
1. Terra de astrónomos |
2. En conexión co cosmos |
3. Baños de sol e mar |
| 1. Perillo |
28/05/2026 |
09/07/2026 |
15/09/2026 |
| 2. Nos |
04/06/2026 |
04/09/2026 |
01/10/2026 |
| 3. Maianca - Serantes - Dexo - Breixo |
11/06/2026 |
02/09/2026 |
17/09/2026 |
| 4. Santa Cruz - Dorneda - Montrove |
08/09/2026 |
02/07/2026 |
22/09/2026 |
| 5. Oleiros- Iñás |
10/09/2026 |
18/06/2026 |
24/09/2026 |
| OLLADA DE ESTRELAS |
Ollada de estrelas na illa de Sálvora |
| 6. Perillo - Nos - Oleiros - Iñas |
21/05/2026 |
| 7. Maianca - Serantes - Dexo - Dorneda - Santa Cruz - Montrove |
23/05/2026 |
Quen o pode Presentar
As persoas empadroadas en Oleiros que teñan cumpridos os 65 anos no día da ruta.
Información Adicional
Medios de contacto
Prazos de presentación:
- Se as solicitudes recibidas superan as prazas, se realizará un sorteo aleatorio para a adxudicación de praza.
Información adicional:
- A comida da excursión corre a cargo de cada participante. Nas rutas de excursionismo elixiranse vilas para que as persoas participantes dispoñan de restaurantes onde comer, darase de ser posible, a opción de xantar en grupo, ou ben espazos abertos se deciden facelo ao aire libre.
- A actividade “Ollada de estrelas” esixe unha condición física que permita realizar un paseo nocturno de 5km.
- Os asentos dos buses non están numerados, en ningún momento se realizarán reservas.
- Os horarios de saída de excursionismo comunicaranse por teléfono a semana anterior da saída.
- Os horarios da saída de “Ollada de estrelas” se publicarán coa listaxe de persoas admitidas.
Inscripcións por localidade:
- Debe seleccionar o grupo da localidade coa que quere realizar a excursión e abrir a folla de inscrición correspondente para realizar a solicitude.
(seleccionando por orde de preferencia ata 4 excursións) :
- (As persoas que desexen inscribirse en excursións de diferentes localidades deberán facelo na solicitude correspondente a localidade seleccionada, e nunca superar un máximo de catro excursións)