Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Programa Xuvenil de acondicionamento físico

Programa Xuvenil de acondicionamento físico

Descripción

Desde o Concello de Oleiros, somos coñecedores das limitacións que ten a mocidade para acceder á práctica regular de actividade física organizada fora do eido federativo e competitivo. Con esta motivación nace o Programa Xuvenil de Actividade Física para a Saúde e que está composto polas seguintes actividades dirixidas:
Programa Base
CARDIO: Actividade cardiovascular orientada á mellora da resistencia aeróbica a través de actividades como o bike indoor, Bodybox ou Step.
ZUMBA: Actividade aeróbica coregrafiada que usa como base músical ritmos latinoamericanos.
BODY BOX: Actividade cardiovascular que mestura exercicio físico con artes marcíais e movementos a base de puños e patadas.
ADESTRAMENTO en SUSPENSIÓN: Acondicionamento físico en base ao traballo da forza e resistencia muscular, utilizando exercicios de autocarga en suspensión (TRX).
CROSS GYM: Sistema de adestramento que mellora todas as cualidades físicas básicas (forza, resistencia cardiovascular, velocidade, flexibilidade, potencia, resistencia á forza, equilibrio, coordinación, etc.). É un sistema baseado en levantamentos de cargas, exercicios ximnásticos e acondicionamento cardiovascular.
Programa Avanzado
FITNESS XUVENIL: Programa de iniciación ao adestramento en sala fitnes dirixido exclusivamente a rapaces e rapazas entre 2007/2006. Poderán acceder a él os rapaces e rapazas que teñan unhas destrezas e nivel físico básico suficiente a xuízo dos responsables do programa. O programa estrutúrase en 3 partes.
-

  • Primeira fase: Consta de una entrevista persoal de 30 minutos (outubro) onde se plantexarán os obxectivos da a actividade e se deseñará un plan de traballo.
  • Segunda fase ( tutelada): Terá unha duración de tres meses (novembro, decembro e xaneiro), nos seguintes Centros e horarios:
    De 16:30 a 17:30 h. nos Centros Deportivos de: Dorneda: Martes, xoves e venres Oleiros: Luns e mércores.
  • Terceira fase: A partir dos 3 meses de tutelaxe poderán comezar a utilizar a sala fitness de xeito autónomo. Os horarios indicados para elo serán de luns a venres, entre 15:30 a 18:30 h.
Quen o pode solicitar? Poboación xuvenil entre 2009/2004 (agás programa avanzado 2007/2006).
Cando iniciar o trámite?

Proceso de pre-inscripción, formalización e sistema de pagamento:

  • O prazo de pre-inscripción comezará o 1 de setembro.
  • O sistema de pagamento será por medio de domiciliación bancaria. Os cobros dos recibos realizaranse desde a empresa Aqualia, concesionaria dos centros deportivos municipais
  • As pre-inscricións deberá realizarse a través da SEDE ELECTRÓNICA. Posteriormente recibirán un correo electrónico confirmando a admisión (documentación a entregar: DNI, xustificante IBAN e libro de familia numerosa se fora o caso). Esta documentación se trasladará á concesionaria do servizo para tramitar os correspondentes recibos de pago.

Prezo público:

  • Non abonado/a 9,5 €/mes
  • Aboado/a 5 €/mes
Medios de contacto

981 610 000 - ext. 4908 - 4909

deportes@oleiros.org

Quen tramita a solicitude? Concellería de deportes, turismo e formación e emprego
Forma de iniciación Sede Electrónica
Organismo resolutor Concellería de deportes, turismo e formación e emprego
1 de Setembro do 2021

Telemático Con certificado Tramitación con certificado

Telemático Con DNI/PIN Tramitación con DNI / PIN

Telemático Sin certificado Tramitación sen certificado


Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029