Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Escola municipal de surf

Escola municipal de surf

Descripción

O Concello de Oleiros, coñecedor da problemática social que supoñen os ascendentes índices de obesidade infantil e xuvenil, do sedentarismo, e das dificultades que ás veces atopa a nosa mocidade para realizar actividades físicas e deportivas dun xeito regular, por en marcha un novo curso da Escola Municipal de Surf dirixidas a rapaces/as nacidos/as entre o 2001 e 2009.

O programa de actividades de Surf terá lugar no centro deportivo municipal da praia Bastiagueiro dende o 1 de outubro de 2021 ata o 29 de maio de 2022, coincidindo sempre as súas sesión co calendario escolar. No caso de alertas metereolóxicas que imposibiliten ou recomenden non realizar a actividade, ésta suspenderase. O coste da actividade será de 15€/mes

Teremos funcionando 3 grupos (só é posible inscribirse nun grupo):

  • Venres de 16.00 a 18.00 horas
  • Sábados de 11.30 a 13.30 horas
  • Domingos de 11.30 a 13.30 horas

O Concello de Oleiros aportará o traxe de neopreno e a
táboa para realizar a actividade.

Quen o pode solicitar? Rapaces/zas nacidos/as entre o 2001 e 2009
Cando iniciar o trámite?

Proceso de pre-inscripción, formalización e sistema de pagamento:

O prazo de pre-inscripción será do 1 ao 14 de setembro. Dada a limitación de prazas en cada quenda, se as pre-inscricións recibidas neste período sobrepasan as prazas ofertadas, realizaríamos un sorte público coas solicitudes recibidas ata o día 14. O sorteo realizarase no auditorio da Fábrica (rúa do Inglés nº 13, Oleiros) na data que se publicará na páxina web municipal no departamento de Deportes.

Posteriormente publicaranse as listas de admitidos e quedará confeccionada a lista de reserva. En caso de que queden vacantes cubrirase pola orde da lista de reserva.

A partir deste prazo poderán preinscribirse incorporándose a lista de reserva en último lugar.

O sistema de pagamento será por medio de domiciliación bancaria. O documento para realizar este trámite enviarase ao/á interesado/a unha vez se confirme a admisión no curso.

As pre-inscricións deberá realizarse a través da SEDE ELECTRÓNICA.

Para darse de baixa no programa, deberase presentar a solicitude da mesma, no rexistro municipal da Fábrica, antes do día 20 do mes anterior ao que desexa causar baixa

Medios de contacto

981 610 000 - ext. 4908 - 4909

deportes@oleiros.org

Quen tramita a solicitude? Concellería de deportes, turismo e formación e emprego
Forma de iniciación A petición do interesado
Organismo resolutor Concellería de deportes, turismo e formación e emprego
1 de Setembro do 2021

Telemático Con certificado Tramitación con certificado

Telemático Con DNI/PIN Tramitación con DNI / PIN

Telemático Sin certificado Tramitación sen certificado


Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029