Inicio -> Servizos xerais -> Trámites urbanísticos -> Licenza de vaos e reserva viaria - Solicitude de alta

Licenza de vaos e reserva viaria - Solicitude de alta

Descripción Licenza para reserva viaria e acceso por beirarrúa para facilitar acceso en vehículo a garaxe de vivenda, edificio, local etc...
Quen o pode solicitar? Propietario/ Arrendatario/ Titular de dereitos sobre o inmoble de ubicación.
Documentación a aportar
  • Plano situación
  • Copia da licenza de primeira ocupación (edificio, vivenda)
  • Copia resolución sobre actividade (local)
  • Copia licenza garaxe (garaxes comunitarios antigos)
  • Copia escritura propiedade, certificación catastral no que consta a vivenda, local ao que da servizo o vao.
  • Taxa
Prazo de tramitación 3 Meses
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa no inicio da tramitación e taxa reserva viaria e entrada de vehículos (antes da entrega da placa).

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Plan Xeral/ Planeamento
Quen tramita a solicitude? Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación O prazo será de 10 días - admisión a trámite.
Organismo resolutor Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Efectos presuntos Desestimatorio
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Trámites relacionados
18 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029