Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de Tala

Licenza de Tala

Descripción

Solicitude de licenza de tala para a corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e en todo caso, cando dita corta derive da lexislación de protección do dominio público, agás as autorizadas en solo rústico polos órganos competentes en materia forestal.

Quen o pode solicitar?

Propietario/ Maderista

Documentación a aportar
  1. Memoria de tala, con contido mínimo de: Memoria da tala proposta ou plan de aproveitamento redactado por enxeñeiro/enxeñeiro Técnico Agrícola/ Forestal , que conterá unha descrición do obxecto do aproveitamento, especificando a organización e os medios que hai que empregar, incluídas a extracción e saca, e a repoboación de exixirse esta polo planeamento municipal (ordenanza 10 do plan xeneral) e non contravir o disposto pola normativa de protección contra incendios forestais e de Montes de Galicia. No caso de tala de eucaliptos, debese sinalar o sistema  a empregar (manual, mecánico ou herbicida) para impedir o rebrote de cepas.
  2. Informe sobre estado das árbores afectadas pola tala (supostos de perigo de caída, estado irrecuperable por enfermidade.
  3. Orde ou requirimento da administración autonómica ou do Concello.
  4. Autorización/comunicación ao órgano forestal autonómico (talas en solo rústico).
  5. Plano situación en cartografía do planeamento municipal
  6. Xustificante abono taxa.
  7. Garantías polas obrigas inherentes á tala. Se requiren unha vez consten emitidos informes favorables e previo ao outorgamento de licenza. Estas garantías poden non ser esixibles no caso de talas non forestais (sen aproveitamento madereiro):
    1. Os traballos de podas e corta de ramas baixas en plantacións forestais.
    2. Os traballos de desbroce e limpeza de finca forestais.
    3. Os traballos de clareo de rebrotes de cepa de menos de 3 años.
    4. As talas en arbolado de xardín o talas para eliminación de exemplares secos o perigosos en fincas forestais o no.
Prazo de tramitación 3 Meses (Lei do Solo de Galicia)
Prezo e forma de pagamento

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa

Artigo 42.2.i Lei 2/16, Lei 7/12 de Montes de Galicia, Lei 3/20007 de Prevención de Incendios, e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.

Quen tramita a solicitude? Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación 1 mes
Organismo resolutor Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Observacións

Importes aval/fianza:

  1. Conservación de camiños:
    • 1,25 €/Tm. De madera extraída, con un mínimo de 150€
  2. Limpeza do monte:
    • 0,1 €/m2 de superficie de parcela, con un mímino de 120€.
  3. Repoboación:
    • 0,36€/m2 de superficie a repoblar, con un mínimo de 75€.
Trámites relacionados
18 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029