Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de actividades - Instalación de terrazas ao aire libre

Licenza de actividades - Instalación de terrazas ao aire libre

Descripción

Licenza de actividades para a instalación de terrazas ao aire libre (ou na vía pública), anexas ao establecemento aberto ao público.

Con anterioridade á instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas a establecementos abertos ao público, o/a titular do establecemento deberá presentar unha solicitude de licenza dirixida ao concello. No caso de que a terraza se sitúe en dominio público municipal, a licenza solicitarase conxuntamente coa autorización para a ocupación do dominio público.

Documentación a aportar

A solicitude de licenza terá o seguinte contido:

  1. Os datos identificativos do/a titular e, de ser o caso, da persoa que actúe na súa representación, coa indicación do seu nome e enderezo.
  2. A localización do establecemento aberto ao público en que se vai instalar a terraza e a descrición das características desta.
  3. A declaración da persoa titular onde se faga constar o compromiso de contratación do seguro previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia para o establecemento en que estea incluída a terraza, ou a documentación acreditativa da dispoñibilidade daquel.
Prazo de tramitación 1 Meses
Prezo e forma de pagamento

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa

Artículo 41.b da e 42 ter Lei 9/2013 modificada por disposición final apartado 4 de lei 10/17 de actividades recreativas e espectáculos públicos.

Quen tramita a solicitude? Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Organismo resolutor Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Efectos presuntos Estimatorio
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP.

Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Observacións
Trámites relacionados
18 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029