Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Declaración responsable estación base telefonía móbil

Declaración responsable estación base telefonía móbil

Descripción Declaración responsable de instalación e posta en funcionamento de instalacións base de telefonía móbil.
Quen o pode solicitar? Operador de telecomunicacións.
Documentación a aportar

Instalación da estación base:

  1. Escrito de declaración responsable cos datos identificativos da persoa física ou xurídica titular da actividade ou do establecemento e, no seu caso, de quen a represente, así como un enderezo a efectos de notificacións, con manifestación explícita do cumprimento dos requisitos que resultan exixibles segundo a normativa vixente e de esta en posesión da documentación que así o acredita.
  2. Proxecto de infraestrutura de estación base, visado polo colexio profesional correspondente, xustificando cumprimento de normativa de telecomunicacións, normativa urbanística e o plan de implantación de telefonía móbil (no que debe estar incluído o emprazamento da estación base) e con mapa de cobertura da estación base.
  3. Nomeamento do técnico director das obras e coordinador de seguridade.
  4. Resolución da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital (Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital) de aprobación do proxecto da instalación de estación base.
  5. Contrato de arrendamento, escritura da propiedade do lugar de emprazamento.
  6. No caso de instalación de ben de dominio público, a correspondente autorización ou título que habilite ou uso do mesmo.
  7. Resolución AESA de autorización en materia de servidumes aeronáuticas.
  8. Xustificante de inscrición no rexistro de operadores.
  9. Taxa e ICIO.

Posta en funcionamento da estación base:

  1. Comunicación de inicio de actividade con manifestación explícita do cumprimento dos requisitos que resultan exixibles segundo a normativa vixente e de estar en posesión da documentación que así o acredita e solicitude de inspección.
  2. Certificado final das obras da instalación base.
  3. Resolución da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital (Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital) de autorización de posta en servizo da estación base.
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa inicial (actividade)

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Lei 9/14 Telecomunicacións , RD 1066/2001 Condiciones de protección de dominio público radiológico, Plan implantación municipal, Ordenanza de servizos de telefonía movil.
Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación

O prazo será de 10 días --> subsanación documentación requerida.

Organismo resolutor Urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Máis información

Efectos presuntos: Resolución eficacia/ ineficacia.

7 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029