Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Comunicación previa de inicio de actividades

Comunicación previa de inicio de actividades

Quen o pode solicitar? Titular da actividade e con dereito de ocupación do local.
Documentación a aportar

A comunicación previa deberá estar firmada polos interesados e conterá os seguintes datos e documentos:

  1. Escrito de comunicación previa cos datos identificativos da persoa física ou xurídica titular da actividade ou do establecemento e, no seu caso, de quen a represente, así como unha dirección a efectos de notificacións.
  2. Unha memoria explicativa da actividade que se pretenda realizar que detalle os aspectos básicos da mesma, a súa localización e o establecemento ou establecementos onde se vai desenrolar.
  3. O xustificante de pagamento dos tributos municipais (taxa).
  4. Unha declaración da persoa titular da actividade ou do establecemento, no seu caso, suscrita por un técnico competente, de que se cómpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que o establecemento reúne as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no plan urbanístico.
  5. O proxecto e a documentación técnica que resulte exixible segundo a natureza da actividade ou instalación. A estes efectos, enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións a desenrolar, co contido e detalle que lle permita á Administración coñecer o objecto de elas e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable, segundo o regulado na normativa de aplicación. O proxecto e a documentación técnica serán redactados e firmados por persoa técnica competente.
  6. Título para a utilización do local (escritura propiedade, contrato aluguer, etc.)
  7. Escritura de constitución da sociedade, asociación, etc.¿ de non ser persoa física.
  8. Alta en IAE en domicilio da actividade (de ser actividade económica).
  9. A autorización ou declaración ambiental, no seu caso.
  10. As demais autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos.

Se para o desenrolo da actividade ou a apertura do establecemento é precisa a realización dunha obra, a documentación anterior presentarase coa comunicación previa prevista na normativa urbanística ou coa solicitude de licenza de obra. Despois de finalizar a obra, presentarase comunicación previa para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento sen máis requisitos que os datos de identificación da persoa titular e a referencia da comunicación previa ou a licenza urbanística que amparou a obra realizada e o certificado final de obra firmado por técnico competente, así como cando proceda o certificado acústico.

Prezo e forma de pagamento
  • Taxa (inicio).

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa

Lei 9/13 de 19 de decembro do emprendemento e competitividade económica en Galicia, Decreto 144/16 de 22 de setembro regulamento de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, Lei 13/2010 de 17 de decembro do Comercio Interior de Galicia,Lei 7/11 Turismo de Galicia de 27 de outubro, Decreto 191/2004 de 29 de xullo de establecimientos de turismo rural, Decreto 144/2013 de 5 septiembre, que establece la ordenación de los campamentos de turismo en Galicia, 57/2016 de 12 de mayo, que establece la ordenación de los establecimientos hoteleros, Lei 4/2017 de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, Lei 37/2003 de 17 de novembro do Ruído e Real Decreto 1367/2007 de 19 de outubro po que se desenvolve a citada lei do ruído no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas, Decreto 106/2005 de 9 de xullo sobre contaminación acústica de Galicia, Lei 4/17 de de 3 de outubro de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia Plan Xeral de Ordenación Municipal e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos. Outras normativa sectorial vixente por razón da materia.

Quen tramita a solicitude? Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación

Inicial no prazo de 10 días - pode conlevar cese temporal por razóns de interés público ou de terceiras personas, ou por motivos insubsanables se procederá a declaración de ineficacia de dita comunicaión.
Realizada inspección con deficiencias no prazo dun mes  se requerirá a súa subsanación con advertencia do cese da actividade.

Organismo resolutor Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

LIGAZÓNS DE INTERESE
15 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029