Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Comunicación previa de Tala

Comunicación previa de Tala

Descripción Comunicación previa de tala (suposto xeral do artigo 142.3 lei do solo) para a corta de masas arbóreas en solo rústico e en solo urbano consolidado.
Quen o pode solicitar? Propietario/ Maderista.
Documentación a aportar
  1. Memoria de tala, con contido mínimo de: Memoria da tala proposta ou plan de aproveitamento redactado por enxeñeiro/enxeñeiro Técnico Agrícola/ Forestal , que conterá unha descrición do obxecto do aproveitamento, especificando a organización e os medios que hai que empregar, incluídas a extracción e saca, e a repoboación de exixirse esta polo planeamento municipal (ordenanza 10 do plan xeneral) e non contravir o disposto pola normativa de protección contra incendios forestais e de Montes de Galicia. No caso de tala de eucaliptos, debese sinalar o sistema a empregar (manual, mecánico ou herbicida) para impedir o rebrote de cepas
  2. Informe sobre estado das árbores afectadas pola tala (supostos de perigo de caída, estado irrecuperable por enfermidade.
  3. Orde ou requirimento da administración autonómica ou do Concello.
  4. Autorización/comunicación ao órgano forestal autonómico (talas en solo rústico).
  5. Plano situación en cartografía do planeamento municipal.
  6. Xustificante abono taxa.
  7. Garantías polas obrigas inherentes á tala. Se requiren unha vez consten emitidos informes favorables e previo ao outorgamento de licenza. Estas garantías poden non ser esixibles no caso de talas non forestais (sen aproveitamento madereiro):
    • Os traballos de podas e corta de ramas baixas en plantacións forestais.
    • Os traballos de desbroce e limpeza de finca forestais.
    • Os traballos de clareo de rebrotes de cepa de menos de 3 años.
    • As talas en arbolado de xardín o talas para eliminación de exemplares secos o perigosos en fincas forestais o no.
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa inicial

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Lei 2/16 do Solo de Galicia, Decreto 143/16 Regulamento da Lei do Solo de Galicia, Lei 7/12 de Montes de Galicia. Lei 3/20007 Prevención de Incendios, e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.
Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación 10 días
Organismo resolutor Urbanismo
Efectos presuntos Estimatorio
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Máis información

Importes aval/fianza:

  • Conservación de camiños: 1,25 €/Tm. De madera extraída, con un mínimo de 150€
  • Limpeza do monte. 0,1 €/m2 de superficie de parcela, con un mímino de 120€.

Repoboación: 0,36€/m2 de superficie a repoblar, con un mínimo de 75€.

Trámites relacionados
15 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029