Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de actividades - Montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos

Licenza de actividades - Montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos

Descripción Licenza de actividades para a montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que deban dispoñer de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable, en local ou establecemento privado (con ocupación de espazo público corresponde ao dpto. Orden público)
Quen o pode solicitar? Titular da instalación ou pesonal encargado da organización do evento.
Documentación a aportar

Con anterioridade á montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e á celebración de espectáculos e actividades segundo o disposto no artigo 41.1.d), os/as seus/súas titulares ou as persoas encargadas da organización do evento deberán presentar:

  1. Unha solicitude de licenza municipal na cal se indicará o seu nome e enderezo.
  2. A memoria que defina as actuacións que se van desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. Nela figurarán, en particular, os seguintes datos: a información sobre o tipo de espectáculo, a localización das instalacións, a previsión aproximada de asistencia de público e o horario da actuación.
  3. A declaración onde se faga constar o compromiso de contratación do seguro previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia ou documentación acreditativa da dispoñibilidade daquel.
  4. O documento acreditativo da designación, por quen solicite a licenza, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación.
  5. A marcación CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características e o certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede.
  6. Calquera outra documentación que veña exixida pola normativa aplicable.
Prazo de tramitación 15 Días
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa inicial

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Artículo 41.d e 42 quinquies da Lei 9/2013 modificada por disposición final apartado 4 de lei 10/17 de actividades recreativas e espectáculos públicos.
Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Organismo resolutor Urbanismo
Efectos presuntos Estimatorio
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Observacións

Os supostos que exixan licenza en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas e, ademais, licenza urbanística serán obxecto dunha soa resolución, sen prexuízo da formación e tramitación simultánea de pezas separadas para cada intervención administrativa.

A proposta de resolución da solicitude de licenza en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas terá prioridade sobre a correspondente á licenza urbanística. Se procede denegar a primeira, así se lle notificará á persoa interesada e non será necesario resolver sobre a segunda.

En cambio, se procede outorgar a licenza en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, o órgano municipal competente pasará a resolver sobre a licenza urbanística, e notificaráselle o pertinente en forma unitaria á persoa interesada.

Trámites relacionados
8 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029