Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de actividades - Celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario

Licenza de actividades - Celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario

Descripción

Celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, en establecementos con actividade prinicipal (catálogo actividades recreativas), no local da actividade (en espazo público correspondería ao dpto. Orde público)

Quen o pode solicitar?

Titular da actividade principal.

Documentación a aportar A solicitude de licenza co seguinte contido:
  1. Os datos identificativos do/a titular e, de ser o caso, da persoa que actúe na súa representación, coa indicación do seu nome e do seu enderezo.
  2. A localización do establecemento aberto ao público en que se vai desenvolver o espectáculo público ou a actividade recreativa.

Xunto coa solicitude da licenza, quen teña a titularidade ou as persoas encargadas da organización deberán presentar a documentación que figura a seguir, agás que esta xa estea en poder ou fose elaborada por calquera administración, suposto en que se observará o indicado no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

  1.  A memoria que defina as actuacións que se van desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. Nela figurarán, en particular, os seguintes datos: a información sobre o tipo de espectáculo, a previsión aproximada de asistencia de público e o horario da actuación. 
  2. O plan de emerxencia, o plan de autoprotección, o estudo de impacto acústico e o dispositivo de asistencia sanitaria que sexan exixibles de acordo coa normativa aplicable e conforme os requisitos que esta dispoña.
  3. A declaración da persoa titular onde se faga constar o compromiso de contratación do seguro previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia ou documentación acreditativa da dispoñibilidade daquel.
  4. Calquera outra documentación que lle sexa solicitada polo concello competente.
Prazo de tramitación 1 Meses
Prezo e forma de pagamento

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa

Artículo 41.1c e 42 quarter da Lei 9/2013 modificada por disposición final apartado 4 de lei 10/17 de actividades recreativas e espectáculos públicos.

Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Organismo resolutor Urbanismo
Efectos presuntos Estimatorio
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa. 

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Observacións

Os supostos que exixan licenza en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas e, ademais, licenza urbanística serán obxecto dunha soa resolución, sen prexuízo da formación e tramitación simultánea de pezas separadas para cada intervención administrativa. 

A proposta de resolución da solicitude de licenza en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas terá prioridade sobre a correspondente á licenza urbanística. Se procede denegar a primeira, así se lle notificará á persoa interesada e non será necesario resolver sobre a segunda.

 En cambio, se procede outorgar a licenza en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas, o órgano municipal competente pasará a resolver sobre a licenza urbanística, e notificaráselle o pertinente en forma unitaria á persoa interesada.

Trámites relacionados
18 de Marzo do 2019

Presencial Presencial


Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029