Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de parcelación/segregación

Licenza de parcelación/segregación

Descripción

Actuacións de división de predios para crear parcelas edificables conforme ao plan xeral, ou segregación para agregación en unidade de acto a parcela colindante sen incrementar número de parcelas.

Quen o pode solicitar? Propietarios de parcelas
Documentación a aportar
  1. Proxecto (por triplicado) específico que conterá como mínimo os seguintes documentos:
    1. Plano de situación en cartografía do planeamento municipal actual.
    2. Delimitación sobre levantamento topográfico da parcela con altimetría e curvas de nivel cada 50 cm. das fincas iniciais e finais e cun erro menor do 2,5% e a escala 1/500, mínimo. Os planos deben vir ben acoutados. Este plano deberá recoller elementos físicos existentes tanto na parcela como na fronte e lindeiros tales como rexistros de instalacións, postes, muros ou muretes, bordos, edificacións, farois, noiros, canles, cunetas,... e todos aqueles que sirvan para poder referenciar sobre o terreos as liñas de parcela e aliñacións previstas.
    3. Descrición de lindeiros, accidentes, topografía, superficies e demais características das fincas iniciais e resultantes de forma inequívoca e precisa.
  2. Certificación catastral das fincas iniciais.
  3. Xustificación da parcelación de acordo co planeamento municipal. A este efecto sinalarase sobre o plano de delimitación as aliñacións definidas polo planeamento municipal e superficies tanto brutas como netas e de cesión estimada para as vías públicas, das parcelas resultantes. En caso de existir edificacións sobre a parcela xustificarase o cumprimento dos parámetros de ordenanza destas edificacións sobre as parcelas resultantes.
  4. No caso de que existan edificacións, presentarase memoria indicando a superficie construída total e por plantas, superficie ocupada, ou número de plantas e a distancia á vía pública e aos lindeiros de cada unha delas.
  5. En caso de agrupación e posterior parcelación, presentarase un plano no que se identifique a parcela total da agrupación.
  6. A cesión dos terreos destinados a viarios fóra das aliñacións establecidas polo planeamento, incluiranse as parcelas de cesión como parcelas resultantes da parcelación co mesmo nivel de definición en textos e planos que o resto das parcelas resultantes.
  7. Copia das escrituras públicas de propiedade das parcelas iniciais rexistradas ou xustificante de estar pendentes de inscrición.
  8. Xustificación do abono da taxa
Prazo de tramitación 3 Meses (Lei do Solo de Galicia)
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa (Inicio).

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Quen tramita a solicitude? Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Requisitos

No caso de ser varios propietarios será necesario a súa autorización para tramitar.

Para realizar cesión se necesita poder acreditativo de esa facultade.

Subsanación

O prazo será de 10 días - admisión a trámite.

 O prazo será de 1 mes - petición de documentos durante a tramitación.

Organismo resolutor Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Máis información

Efectos presuntos:

3 meses segundo a Lei do Solo 2/16, artigo 143.1 non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.

Trámites relacionados
LIGAZÓNS DE INTERESE
18 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029