Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Declaración de innecesariedade licenza de segregación.

Declaración de innecesariedade licenza de segregación.

Descripción Actuacións divisorias de predios por distintas clasificacións/cualificacións urbanísticas, execución de infraestruturas e dotacións públicas, por aprobación de proxectos de xestión urbanística.
Quen o pode solicitar? Propietarios de parcelas.
Documentación a aportar
  1. Proxecto (por triplicado) específico que conterá como mínimo os seguintes documentos:
    • a. Plano de situación en cartografía do planeamento municipal actual.
    • b. Delimitación sobre levantamento topográfico da parcela con altimetría e curvas de nivel cada 50 cm. das fincas iniciais e finais e cun erro menor do 2,5% e a escala 1/500, mínimo. Os planos deben vir ben acoutados. Este plano deberá recoller elementos físicos existentes tanto na parcela como na fronte e lindeiros tales como rexistros de instalacións, postes, muros ou muretes, bordos, edificacións, farois, noiros, canles, cunetas,... e todos aqueles que sirvan para poder referenciar sobre o terreos as liñas de parcela e aliñacións previstas.
    • c. Descrición de lindeiros, accidentes, topografía, superficies e demais características das fincas iniciais e resultantes de forma inequívoca e precisa.
  2. Certificación catastral da finca inicial.
  3. Escritura de propiedade da finca rexistrada ou pendente de rexistro.
  4. Xustificación da división segundo a clasificación/cualificación de acordo co planeamento municipal municipal. A este efecto sinalarase sobre o plano de delimitación das distintas clasificacións/ordenanzas, indicado tanto superficies tanto brutas como netas das parcelas resultantes.
  5. No caso de existir edificacións indicarase superficie construída total e por plantas, superficie ocupada, número de plantas e distancia á vía pública e outros lindeiros. 
  6. Xustificación do abono da taxa
Prazo de tramitación 3 Meses
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa (Inicio)

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Lei 2/16 do Solo de Galicia, Decreto 143/16 Regulamento da Lei do Solo de Galicia, Plan Xeral de ordenación municipal, Planeamento, e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.
Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Requisitos

No caso de ser varios propietarios será necesario a súa autorización para tramitar.

Para realizar cesión se necesita poder acreditativo de esa facultade

Subsanación

O prazo será de 10 días --> admisión a trámite.

O prazo será de 1 mes --> petición de documentos durante a tramitación

Organismo resolutor Urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Máis información

Efectos presuntos:

3 meses segundo a Lei do Solo 2/16, artigo 143.1 non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística

Trámites relacionados
15 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029