Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de obras e usos provisionais / obras en edificación, peches fóra de ordenación

Licenza de obras e usos provisionais / obras en edificación, peches fóra de ordenación

Descripción

Obras e usos provisionais (solo urbano consolidado e solo urbanizable pendente de desenvolvemento).

Obras en edificacións, peches fora de ordenación por emprazamento en espazo cualificado como viario.

Quen o pode solicitar? Promotor
Documentación a aportar
  1. Memoria/Proxecto
  2. Copia de escritura rexistrada
  3. Renuncia valor expropiatorio e autorización rexistro propietario (obras e usos provisionais)
  4. Renuncia valor expropiatorio (situación fóra de ordenación)
  5. Plano de situación
  6. Xustificante Abono Taxas

Todas as actuacións que precisen dalgunha autorización/información sectorial por razón da protección do dominio público (costas, augas, estradas etc) conforme a dita normativa sectorial e de forma previa á licenza, deberá xuntar a mesma ou ben xustificar a súa solicitude, non podéndose formular proposta de resolución nin resolución de concesión licenza ata que conste dita autorización ou informe.

Prazo de tramitación 3 Meses (Lei do Solo de Galicia)
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa (Inicio).
  • ICIO (Licenza)

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa

Lei 2/16 do Solo de Galicia, Decreto 143/16 Regulamento da Lei do Solo de Galicia, Plan Xeral, Planeamento, e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.

Quen tramita a solicitude? Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Requisitos

Propietario renuncia ao valor expropiatorio das obras e autoriza inscrición en rexistro propiedade.

Organismo resolutor Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP.

Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Observacións
Máis información

3 meses segundo a Lei do Solo 2/16, artigo 143.1 non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.

Trámites relacionados
18 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029