Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de obras para reformas sen afección (elementos estruturais)

Licenza de obras para reformas sen afección (elementos estruturais)

Descripción Licenzas de obras en inmobles (edificacións, vivendas, locais) distintas das de obra nova, rehabilitación integral e ampliación, sen afección a parámetros urbanísticos pero con afeccións a elementos estruturais, modificacións composición xeral de fachadas, condicións de habitabilidade ou se trate de actuación que requiran de proxecto técnico segundo a normativa xeral de ordenación da edificación. Inclúe cambios cuberta con afección a elementos da estrutura.
Quen o pode solicitar? Promotor
Documentación a aportar
  1. Proxecto técnico.
  2. Nomeamento de técnico director de obras e coordinador de seguridade.
    Conxunto fotográfico do estado anterior ás obras no caso de obras no exterior do inmoble (cambio de cuberta, modificación composición xeral fachada).
    Autorización da Comunidade de propietarios en caso de edificios de propiedade horizontal.
  3. Xustificante Abono de Taxas.

Todas as actuacións que precisen dalgunha autorización/información sectorial por razón da protección do dominio público (costas, augas, estradas, patrimonio etc) conforme a dita normativa sectorial e de forma previa á licenza, deberá xuntar a mesma ou ben xustificar a súa solicitude, non podéndose formular proposta de resolución nin resolución de concesión licenza ata que conste dita autorización ou informe.

En caso de que sexa necesario o informe do Instituto de Estudos do Territorio, por aplicación do réxime de usos do plan de ordenación do litoral, deberá presentarse outro exemplar da documentación que se require.

No caso que as obras afecten a inmobles catalogados ademáis deberá xuntarse a seguinte documentación:

Bens catalogados de protección integral

  1.  Descrición do marco referencial de orixe do edificio: propiedade que ordenou a súa construción, autores do proxecto e obra, uso orixinal ao que se destinou e variacións de uso e propiedade, etc...
  2. Evolución do edificio e da contorna inmediata que poida xustificar as solucións adoptadas.
  3. Levantamento a escala 1/100 do edificio na súa situación actual (plantas, alzados exteriores e seccións etc...) e das edificacións auxiliares e complementarias, así como as ampliacións de escala necesarias de detalles característicos. Levantamento da parcela na que se enclava, a escala non menor de 1/500 interiores, indicando a situación relativa dos edificios principais e auxiliares e especificando os cultivos, arboredo, xardinería, etc.
  4. Descrición fotográfica do edificio e da montaxe das solucións adoptadas tanto das propias edificacións como da xardinería, etc.
  5. Memoria xustificativa da oportunidade da obras a realizar, así como dos efectos sobre os usos e usuarios actuais, e sobre os elementos obxecto de protección. Proxecto detallado das obras que se van a realizar especificando con claridade as zonas e elementos afectados.
  6. Plano da situación en relación ao edificio que hai que protexer.
  7. Incidencia na contorna da obra ou actividade para a que se solicita licenza así como memoria xustificativa da non alteración das condicións ambientais e paisaxísticas do ben cultural protexido (no caso de edificacións incluirá relación detallada de materiais a empregar e da solución formal adoptada).

Bienes catalogados de protección non integral

  1. Descrición fotográfica pormenorizada do estado actual do edificio ou do conxunto e dos seus elementos máis característicos.
  2. Alzado fotográfico do tramo de vía no que estea situado o edificio.
  3. Proxecto detallado das obras que hai que realizar especificando con claridade as zonas e elementos afectados e a súa integración arquitectónica co edificio que se protexe.
  4. Levantamento topográfico da parcela na que se sitúa a edificación a escala non menor de 1/500 indicando a situación relativa dos edificios principal e auxiliares e especificando os cultivos, arboredo, xardinería etc.
Prazo de tramitación 3 Meses (Lei do Solo de Galicia)
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa ( Inicio)
  • Icio ( Licenza)

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Lei 2/16 do Solo de Galicia., Decreto 143/16 Regulamento da Lei do Solo de Galicia, Plan Xeral, Planeamento e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.
Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación

O prazo será de 10 días -> admisión a trámite.

O prazo será de 1 mes -> petición de documentos durante a tramitación.

Organismo resolutor Urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP.

Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Máis información

Efectos presuntos:

3 meses segundo a Lei do Solo 2/16, artigo 143.1 non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.

Trámites relacionados
18 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029