Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de obra para a construción de piscinas

Licenza de obra para a construción de piscinas

Descripción Execución de pisicinas (instalaciones deportivas ao aire libre) auxiliares ou complementarias. En caso de piscinas colectivas deben xuntar autorización de sanidade (Decreto 703/05 de 6 de maio sobre reglamentación higiénico sanitarias de piscinas de uso colectivo)
Quen o pode solicitar? Promotor das obras
Documentación a aportar

Para piscinas de obra:

  1. Proxecto técnico visado incluíndo xustificación cumprimento recuado a lindeiros e sistema de vaciado
  2. Nomeamentos do técnico director e coordinador de seguridade
  3. Abono de taxas

Para piscinas prefabricadas:

  1. Plano de situación
  2. Memoria e orzamento
  3. Xustificación de cumprimento de recuado a lindeiros e sistema de vaciado
  4. Abono de taxas

Todas as actuacións que precisen dalgunha autorización/información sectorial por razón da protección do dominio público (costas, augas, estradas etc) conforme a dita normativa sectorial e de forma previa á licenza, deberá xuntar a mesma ou ben xustificar a súa solicitude, non podéndose formular proposta de resolución nin resolución de concesión licenza ata que conste dita autorización ou informe.

En caso de que sexa necesario o informe do Instituto de Estudos do Territorio, por aplicación do réxime de usos do plan de ordenación do litoral, deberá presentarse outro exemplar da documentación que se require.

Prezo e forma de pagamento
  • Taxa (inicial).
  • ICIO (Licenza)

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Lei 2/16 do Solo de Galicia, Decreto 143/16 Regulamento da Lei do Solo de Galicia, Plan Xeral, Planeamento, e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos. Decreto 703/05 de 6 de maio sobre reglamentación higiénico sanitarias de piscinas de uso colectivo e real decreto 742/13 de 27 de setembro por el que se establecen los criterios técnico-sanitarios de las piscinas de uso colectivo.
Quen tramita a solicitude? Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación O prazo será de 10 días - admisión a trámite.O prazo será de 1 mes - petición de documentos durante a tramitación.
Organismo resolutor Concellería de interior e seguridade cidadá, medio ambiente, facenda e urbanismo
Fin da vía administrativa A resolución pon fin á vía administrativa
Recursos Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.
Observacións
Máis información

Efectos presuntos:

3 meses segundo a Lei do Solo 2/16, artigo 143.1 non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.

Trámites relacionados
18 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000

Concello de Oleiros
Praza de Galicia 1. 15173 Oleiros (A Coruña)
Teléfono: 981-610000 | Fax: 981-631029