Inicio -> Servizos xerais -> Catálogo de trámites -> Licenza de obra para a construción de peches frontais (con cesión)

Licenza de obra para a construción de peches frontais (con cesión)

Descripción Obras de peche frontal que conlevan a segregación e cesión de terreo cualificado como viario.
Quen o pode solicitar? Promotor
Documentación a aportar
  1. Memoria xustificando cumprimento tipoloxía de peche do planeamento municipal e orzamento das obras (indicado ml) e plano con sinalamento de aliñación e superficie de cesión para viario
  2. Copia escritura de propiedade.
  3. Plano situación.
  4. Xustificante abono de taxas.

Todas as actuacións que precisen dalgunha autorización/información sectorial por razón da protección do dominio público (costas, augas, estradas etc) conforme a dita normativa sectorial e de forma previa á licenza, deberá xuntar a mesma ou ben xustificar a súa solicitude, non podéndose formular proposta de resolución nin resolución de concesión licenza ata que conste dita autorización ou informe.

En caso de que sexa necesario o informe do Instituto de Estudos do Territorio, por aplicación do réxime de usos do plan de ordenación do litoral, deberá presentarse outro exemplar da documentación que se require.

Prazo de tramitación 3 Meses (desde que figure completa a documentación)
Prezo e forma de pagamento
  • Taxa inicial.
  • Icio ( 1 mes coa Licenza)

Se dispón dun certificado dixital, DNI electrónico ou usuario da Sede Electrónica do Concello de Oleiros, pode obter as cartas de pagamento e realizar o pagamento en liña destas taxas na sección de autoliquidacións (con identificación).

Se non dispón dun usuario para entrar na sección privada da sede, poderá xerar igualmente a carta de pagamento no apartado autoliquidacións (sen identificación) pero terá que realizar o abono nalgunha das oficinas das entidades colaboradores que se indican no documento de pago.

Normativa Lei 2/16 do Solo de Galicia., Decreto 143/16 Regulamento da Lei do Solo de Galicia, Plan Xeral, Planeamento e Ordenanza municipal reguladora do procedemento de intervención e control a execución de obras ou exercicio de actividades ou servizos.
Quen tramita a solicitude? Urbanismo
Forma de iniciación A petición do interesado
Subsanación

O prazo será de 10 días -> admisión a trámite.

O prazo será de 1 mes -> petición de documentos durante a tramitación.

Organismo resolutor Urbanismo
Fin da vía administrativa Cabe interpor recurso administrativo
Recursos

Contra a mesma, por ser un acto que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano administrativo que a dicta, no prazo DUN MES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, LPACAP.

Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante os Xulgados do Contencioso-Administrativo da cidade de A Coruña, no prazo de DOUS MESES a contar dende o día seguinte ó da recepción da notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/98, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Todo isto sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, LPACAP, de formular a solicitude á que se refire o artigo 106.1 da citada Lei, ou de interpoñer aqueloutros que estime procedentes.

Máis información

Efectos presuntos:

3 meses segundo a Lei do Solo 2/16, artigo 143.1 non se entenderán adquiridas por silencio administrativo facultades ou dereitos contrarios á ordenación territorial ou urbanística.

Trámites relacionados
8 de Marzo do 2019

Presencial Presencial

  • Oficina de atención ao cidadán
    • Praza de Galicia, 1
    • Horario:

      Horario de atención presencial:

      • De luns a venres, de 8:30 a 13:30

      Horario de atención telefónica:

      • De luns a venres, de 8:00 a 20:00
      • Os sábados de 9:00 a 13:00
    • Telf: 981 610000